Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor ANOVA Val Miñor non presentará candidaturas propias nas municipais de 2015 e súmase ao Manifesto Minhor.

ANOVA Val Miñor non presentará candidaturas propias nas municipais de 2015 e súmase ao Manifesto Minhor.

Correo-e Imprimir PDF

Reunidos en asemblea os militantes de ANOVA dos tres concellos do Val Miñor decidiron renunciar á presentación de candidaturas propias nas vindeiras eleccións municipais de 2015. Ao mesmo tempo, decidiron apoiar a plataforma veciñal Manifesto Minhor que propón a conformación de candidaturas de unidade cidadá nos concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán.
Trala reunión celebrada o pasado xoves 13 de novembro, o colectivo emitiu un comunicado no que afirma que agora mesmo a fórmula proposta no "Manifesto Minhor" é "a única posibilidade real que existe na nosa Comarca de unir á xente (aos de abaixo contra os darriba) para cambiar definitivamente as dinámicas viciadas que nas últimas décadas abafan aos Concellos do Miñor con gobernos do PP en descomposición e ao servizo de intereses espúrios".


Engaden que o acordo foi tomado por unanimidade da asemblea comarcal de ANOVA-IN- Val Miñor. "Tentamos poñer en práctica os acordos emanados da 2ª Asemblea Nacional así como os criterios aprobados na última Coordinadoras Nacional de ANOVA de cara ás elección municipais do 2015 no senso de apoiar e acompañar os procesos abertos dende abaixo e iniciados por diferentes movementos sociais: Mareas, Somos Maioría, Manifesto Minhor, Ourense Común, Gañemos, etc", sinalan no comuicado.
Afirman que esta decisión de renunciar ás siglas propias, fan un "xesto de xenerosidade e apertura á sociedade sen precedentes na Comarca". Entenden que apoiar as iniciativas antes citadas é "a mellor maneira de construír espazos de cooperación entre as persoas de esquerda e nacionalistas sen entrar en conflitos coas siglas partidarias, todo iso a partires de procesos abertos e participativos acordados dende abaixo e sen obediencias ás cúpulas partidarias".
Esperan que as demais organización políticas e sociais con presenza no Val Miño se sumen."Só deste xeito conseguiremos uns concellos abertos e participados pola cidadanía, sen corrupción política e ao servizo das clases populares".