Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en América

América

Co desafío de consolidar o feito e achegar á mocidade asume a nova directiva do Círculo Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

circulo val chiringuitoOs González de Sabarís, tamén de alí os Panteón Fernández e os  Fernández Acevedo, aínda que algúns con raíces en San Pedro da Ramallosa de onde tamén partiron os Hermida Mallo. Canda eles, os Navós Fernández de Baredo e Sabarís, os San Román Valverde de San Martiño de Borreiros e Gonda Luis de Belesar, fillos e descendencia, todos do val, constitúese a nova directiva do Círculo Val Miñor da Arxentina. Reuníronse o sábado para despedir a don Carlos Panteón, e dar posesión a Alberto Lloret González, fillo de miñorana, como novo presidente da institución. A nova directiva, froito dunha lista de consenso, achega novos colaboradores e mantén a outros que están a remar dende hai tempo, como a súa secretaria, Rita Fernández Acevedo. VM.info falou con ela, a noite anterior á asemblea e co novel presidente días antes, sobre a situación pola que atravesa a institución e os desafíos que asume a novo equipo.

A Comuna 10 de Bos Aires salienta a beleza da casa dos miñoranos na Arxentina.

Correo-e Imprimir PDF

casa valminhor bosairesUnha antiga casa de principios do século XX acolle dende hai 72 anos á comunidade de miñoranos e miñorás emigrados á Arxentina. Situada na rúa Rafaela 4836/40 na popular zona de Villa Luro acaba de ser nomeada pola Comuna 10 de Bos Aires –administración local descentralizada- como un dos "rincones" a visitar da zona. Adquirida en 1941 polo Círculo Social Val Miñor, foi inaugurada un ano despois e "foi tanta xente á que asistiu ao evento que tivo que se alugar cadeiras e tablóns".

A Festa dos Maios xuntará aos miñoranos na Arxentina no Círculo Valle Miñor. #LetrasGalegas2014

Correo-e Imprimir PDF

ciruclo valminhorbosairesA distancias xa non son as mesmas.  Os fillos do Miñor radicados alén do Atlántico gozan de boa saúde e mellor memoria. O Día das Letras será obxecto de festexos nada máis e nada menos que coa celebración na súa sede en Bos Aires dunha Festa dos Maios. Anuncian grupos musicais, comidas da terra con entrada libre e gratuíta. Organizada polo grupo Lembranzas da Terra do Val Miñor, a cita é a partir das 21 horas no Círculo Social Val Miñor da rúa Rafaela  á altura do 4840, na Capital Federal.

Os miñoranos no Uruguai celebran as #LetrasGalegas2014 no Centro Valle Miñor de Montevideo .

Correo-e Imprimir PDF

letras-montevideo-2014Unha manchea de familias emigradas do Val Miñor xuntaranse este sábado para celebrar o Día das Letras na cidade de Montevideo. Canda aos seus descendentes, e amigos levan traballando arreo para dar vida a un gran espectáculo que a partir das 20:30 horas deste sábado brindará unha xusta homenaxe ao poeta Xosé María Díaz Castro no Centro Valle Miñor situado no fermoso barrio de Pocitos.

Miles de galegos na Arxentina quedan sen a sinal da TVG nos seus fogares.

Correo-e Imprimir PDF

petitoriotvg-A sinal era seguida  por milleiros de galegos a través dun servizo básico de TV cable xestionado polo poderoso grupo Clarín. Os galegos no exterior que queiran seguir o canal deberán pagar un abono mensual próximo aos 40 euros, a pesar de que a sinal chega sen custe para a empresa arxentina.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL