A distancias xa non son as mesmas. Os fillos do Miñor radicados alén do Atlántico gozan de boa saúde e mellor memoria. O Día das Letras será obxecto de festexos nada máis e nada menos que coa celebración na súa sede en Bos Aires dunha Festa dos Maios. Anuncian grupos musicais, comidas da terra con entrada libre e gratuíta. Organizada polo grupo Lembranzas da Terra do Val Miñor, a cita é a partir das 21 horas no Círculo Social Val Miñor da rúa Rafaela á altura do 4840, na Capital Federal.