Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en América

América

Os campións miñoráns de bolos celta participarán da VI Intercontinental en Arxentina e Uruguai.

Correo-e Imprimir PDF

bolos-celtasO campión galego, José Rodríguez Domínguez (Gondomar), e o subcampeón, Sergio Silva Vila (Baiona) formarán parte da Selección Española de Bolos que defenderá o seu título Intercontinental na VI edición do torneo a celebrarse a partir do 28 de marzo nas cidades de Bos Aires (Arxentina) e Montevideo (Uruguai).

O Círculo Social Valle Miñor de Bos Aires será sede do conclave da emigración galega na Arxentina.

Correo-e Imprimir PDF

emigracion-23O Círculo Social Valle Miñor de Bos Aires acollerá un importante encontro das entidades asociacionistas da emigración galega na Arxentina durante os vindeiros 17 e 18 de setembro. A xuntanza ten por obxecto analizar e debater a aplicación do Plan Integral de Emigración 2011 / 2013 da Xunta de Galicia. Na sede dos miñoranos, da rúa Rafaela nº 4840 definiranse aspectos claves na vida das institucións da diáspora tales como a autosustentabilidade da entidades, a renovación dirixencial e a "galeguidade", requisito importante para a adquisición de dereitos das organizacións, regulado pola Lei 4/ 1983. A convocatoria está a cargo da Federación Unión de Asociaciones Gallegas de la República Argentina.

URUGUAI . O Centro Valle Miñor celebrou o seu 64º aniversario cun torneo de bolos celtas.

Correo-e Imprimir PDF

Escudo_Valle_Mior_de_UruguayO Centro Vale Miñor cumpriu os seus 64 anos de vida. A institución presidida por Carlos Barcia todos os anos realiza un torneo internacional, Copa Aniversario. Nesta oportunidade participaron os equipos arxentinos do Círculo Social Valle Miñor, Centro Galicia e o Centro Cangas de Narcea, xunto ao anfitrión Centro Valle Miñor. Nesta oportunidade, a copa 64º Aniversario quedou en casa dos anfitrións.

Ruada galega no círculo social

Correo-e Imprimir PDF

O Círculo Social do Val Miñor organizou o pasado sábado 20 de outubro, o seu tradicional "Ruada Galega", na súa sede social de Rafaela 4840, da cidade autónoma de Bos Aires.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL