Domingo, 6 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en América O Círculo Social Valle Miñor de Bos Aires será sede do conclave da emigración galega na Arxentina.

O Círculo Social Valle Miñor de Bos Aires será sede do conclave da emigración galega na Arxentina.

Correo-e Imprimir PDF
emigracion-23

O Círculo Social Valle Miñor de Bos Aires acollerá un importante encontro das entidades asociacionistas da emigración galega na Arxentina durante os vindeiros 17 e 18 de setembro. A xuntanza ten por obxecto analizar e debater a aplicación do Plan Integral de Emigración 2011 / 2013 da Xunta de Galicia. Na sede dos miñoranos, da rúa Rafaela nº 4840 definiranse aspectos claves na vida das institucións da diáspora tales como a autosustentabilidade da entidades, a renovación dirixencial e a "galeguidade", requisito importante para a adquisición de dereitos das organizacións, regulado pola Lei 4/ 1983. A convocatoria está a cargo da Federación Unión de Asociaciones Gallegas de la República Argentina.