Curuto do corvo
Carlistas no Miñor
Insisto: un concello para o Val Miñor
Hai xa algún tempo, o 23 de abril de 2006, na compaña de Xosé Lois Vilar, publicabamos, nas páxinas do Faro de Vigo, un artigo no que defendiamos, sen disimulo, a conveniencia da agrupación dos tres concellos do Miñor. Aduciamos razóns históricas, prácticas, económicas, organizativas,... ou simplemente de “sentido común”. A proposta resaltaba a necesidade e oportunidade de cando menos iniciar un debate sobre a pertinencia, ou non, dun só concello no Miñor. Relido o texto coidamos que non perdeu actualidade fóra dalgún asunto puntual.
Sobre a propiedade absoluta
O concepto de propiedade variou moito ao longo da historia. Mesmo houbo tempos nos que os seres humanos podían ser propiedade doutros seres humanos e ao mesmísimo Aristóteles semelláballe do máis razoable. Durante séculos a propiedade estivo vinculada a unha institución, fose esta unha abadía, un título de nobreza ou outros entes xurisdicionais. A revolución agraria de comezos do XIX e o seu corolario que coñecemos como revolución industrial empurrou con forza o concepto de propiedade privada capitalista.
As flores da memoria
Andei estes días acompañando por algunhas horas ao profesor Fernando Rosas na súa visita a Tui, Vigo e Baiona. Os seus traballos posúen unha grande importancia para o coñecemento do Estado Novo, tanto polas obras de referencia sobre o período por el escritas ou dirixidas (Salazar e o Salazarismo (dirección), 1989, Estado Novo, 1994, Dicionário de História do Estado Novo (dirección), 1995-96 ou Portugal Século XX. Pensamento e Acção Política, 2004) como polo labor director do Instituto de História Contemporânea , fundado en 1990, é integrado polos docentes de Historia Contemporánea do Departamento de Historia da FCSH , ou pola orientación que prestou a numerosos investigadores.
Coidar a facenda
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL