O pasado Venres día 25 de Febreiro celebrouse en Baiona o Berra Galiñeiro. Unha xornada, organizada polo COLECTIVO BERRA VAL MIÑOR, en apoio á PLATAFORMA POLA PROTECCIÓN DA SERRA DO GALIÑEIRO, que resultou moi satisfactoria para organización e asistentes.
A taberna Marrucho, local emblemático do Val Miñor, foi o punto de reunión de xente de tódalas idades e cores, que se achegaron para mostrar o seu apoio á defensa do Galiñeiro e para disfrutar das actuacións.
A tardiña comezaba con actividades para @s cativ@s e con un espectáculo de circo de rúa a cargo da compañía CIRCO ESCARRANCHADO. Unha actuación que sorpendeu gratamente a maiores e pequen@s e que arrancou moitos sorrisos e aplausos.