Luns, 26 Feb. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Cartas Crónica do Berra Galiñeiro

Crónica do Berra Galiñeiro

Correo-e Imprimir PDF
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte

O pasado Venres día 25 de Febreiro celebrouse en Baiona o Berra Galiñeiro. Unha xornada, organizada polo COLECTIVO BERRA VAL MIÑOR, en apoio á PLATAFORMA POLA PROTECCIÓN DA SERRA DO GALIÑEIRO, que resultou moi satisfactoria para organización e asistentes.
A taberna Marrucho, local emblemático do Val Miñor, foi o punto de reunión de xente de tódalas idades e cores, que se achegaron para mostrar o seu apoio á defensa do Galiñeiro e para disfrutar das actuacións.

A tardiña comezaba con actividades para @s cativ@s e con un espectáculo de circo de rúa a cargo da compañía CIRCO ESCARRANCHADO. Unha actuación que sorpendeu gratamente a maiores e pequen@s e que arrancou moitos sorrisos e aplausos.

Conforme se achegaba a noitiña a poesía se apropiaba do ambiente. Baixo a videira do Marrucho, AS REDES ESCARLATA recitaron unha ducia de poemas que emocionaron ó público asistente. Xente nova e maior atendía en silencio creándose unha atmosfera de respecto, reivindicación e fraternidade.

Tra-la poesía, e xa no interior do local, o monologuista "CABESA DE BOI" comezaba a súa actuación. Nunca defrauda, e as gargalladas están aseguradas sempre que aparece en escena. Así foi, non había mais que mirar as caras da xente ó remate.

Inmediatamente despois as gaitas, tamboriles, acordeóns e demais instrumentos amenizaron unha cea solidaria onde @s asistentes recargaron enerxía. A sección culinaria do COLECTIVO BERRA traballou a esgalla para servir ceas a toda a xente que así o desexase. As racións vendíanse a un módico prezo para recaudar fondos pola causa que nos reunia a tod@s esa noite. Ademais das lentellas (con opción vexetariana) os postres (aportados por divers@s compañeir@s da PLATAFORMA POLA PROTECCION DA SERRA DO GALIÑEIRO, e das redes GALIZA NON SE VENDE e a RÍA NON SE VENDE) foron moi comentados e solicitados.

Tra-la cea comezaba o prato forte da noite, sobre todo para a mocidade: As actuacións de TIRO NA TESTA, SKACHA e BERRA BANDA. 
Abriron os Tiro na testa, co seu Punk-rock violento, coma eles mesmos o denominan. Ironia, crítica social e ritmos que comezaban a axitar ó público. Admirable esta xente que se acercou ó Val Miñor dende Don Ramiro (Lalín) para colaborar ca nosa loita.

Inmediatamente despois chegaba o turno dos incombustibles SKACHA. Himno tras himno fixeron corear a todo o Marrucho os seus temas. A banda, que está a celebrar o seu vixésimo aniversario, deixou ata a última gota de súor no escenario, coma sempre.
Como última formación da noite subiu a BERRA BANDA ó escenario. Un grupo de versións formado por persoas da asociación que ofreceu un concerto menos serio pero mais divertido e que fixo bailar á xente que abarrotaba o local. Ninguen quería ir a durmir, e para iso estaban alí os pinchadiscos de INCRÉPULA SOUND e DJ CHEODEMOSCAS, que alongaron a festa ata altas horas.

En conclusión: Unha noite redonda, onde gracias á unión de diversos colectivos e persoas (o Marrucho que cedeu unha porcentaxe da recadación da barra, o Colectivo Berra, @s artistas que actuaron desinteresadamente, a Plataforma Pola protección da Serra do Galiñeiro, Galiza non se vende, A Ría non se vende, etc.) conseguimos algo mais importante que os cartos para afrontar esta loita. Conseguimos unha unión miñorana, unha fraternidade entre compas, unha xornada de lecer imborrable para moit@s. 
Somos esa xente, a xente activa, a xente que quere muda-las cousas. A xente comprometida. Estamos viv@s, aquí seguimos, aquí seguiremos.

Colectivo Berra Val miñor.