Estaba na barra tomando unha caña co meu querido amigo Doval cando
unha atractiva señorita se nos achegou, mostrounos unha ristra de
papeis e, como quen nos dá o derradeiro aviso, informounos
amizosamente:
â?? "Teño o Gordo, ¿queren unha participación?".
â?? "Dese Premio xa as teño eu todas" â??contestei eu que non andaba para
bromas porque xa levaba gastadas máis de cen mil pesetas na loterÃa.
â?? "Non o creo, porque deste número non ten ningunha. Unha pena"
â??respondeu ela cunha sincera expresión de compaixón mentres que
marchaba a ofrecerlle os billetes ós demáis clientes do bar.