Martes, 30 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Cartas

Cartas ao director

La Sexta - un partido de oro

Correo-e Imprimir PDF

Onte xogou a selección Española, a que din que é de todos e todas, pero moitos desa totalidade non poidemos desfrutar deste partido histórico porque ainda estamos sen cobertura. Xa non digo da televisión dixital, porque iso soa a utopía, soa a futurista...refírome a ver a SEXTA, a canle privada que foi a única en retransmitir dito evento.

A verdade é que podería dicir que me da o mesmo, que é televisión e unha canle máis, que toda a tv ten basura, bla bla bla... pero a verdade é que analiznadoo sinto rabia porque non entendo como se pode retransmitir un partido de interese NACIONAL por unha canle que non ten garantido o cento por cen de fornecemento.

As asociacións de veciños piden a redacción do PXOM dende a transparencia

Correo-e Imprimir PDF

As asociacións de veciños do concello de Nigrán “A Unión” de San Pedro, “O Castro” de Chandebrito, “Dunas” de Nigrán, “Monteferro” de Panxón, “Outeiro” de Parada, “A Irmandade” de Priegue, A. VV. de Camos e a A. VV. Arribas Brancas, Seixos Negros e Portocelo reuníronse en asamblea o xoves 13 de xullo  para elaborar unha resposta ó ofrecemento do alcalde de Nigrán de Nigrán en relación coa resolución do conflicto xerado polo PXOM proposto pola equipa de goberno.

Esta resposta ven dada ante o ofrecemento do rexedor a que sexan directamente as AAVV de veciños as que redacten o PXOM de Nigrán; unha idea non compartida que sentou malestar nos portavoces xa que entenden que son responsabilidades unicamente competentes aos concellais e técnicos do concello, responsabilidades que consideran deben ser asumidas.



Bebidas enerxéticas - Tópicos e lendas

Correo-e Imprimir PDF
Os anuncios de televisión relacionan as bebidas enerxéticas co deporte extremo e coa música de última xeración. Quizais por iso consómense sen atender á súa composición ou mesturadas con alcohol, algo que pode chegar a ser perjudicial para a saúde. E é que as bebidas enerxéticas conteñen niveis de cafeína e taurina moito máis elevados do habitual, polo que poden provocar insomnio, nerviosismo e ansiedade, e están contraindicados para embarazadas. Pero, ademais, cando se combinan con alcohol, enmascaran a sensación de embriaguez. Por todo iso os expertos recomendan moderar o seu consumo e aconsellan non exceder as catro unidades diarias.

En clave educativa

Correo-e Imprimir PDF
Por - Antonio D. Lombardero.
Unha forma de educar baseada na transixencia extrema e no acopio de bens materiais sen ningunha clase de condicións constitúe o modelo formativo de un elevado número de alumnado, que entende de dereitos, pero non de deberes. Caprichosos, mimados e sobreprotexidos, os alumnos tiranos son a cara menos amable de un tipo de educación que nos envolve decidindo dar a espalda ó NON, a frustración e a imposición de límites. Profesores desbordados, pais e nais víctimas do capricho dos seus propios fillos saen a palestra dos medios de comunicación case que tódolos días. Durante o pasado ano 2005, as fiscalías de menores españolas tramitaron máis de 6.000 denuncias de pais e nais que sufriron agresións por parte dos seus propios fillos. 

¿Máis edificabilidade, vivendas máis baratas?

Correo-e Imprimir PDF
Por Juán Hermida
Asegurar que construir máis vivendas é o xeito de que se fagan máis asequibles, parece ser un principio básico da lei da oferta e da demanda, pero no contexto socioeconómico actual é un disparate ou cando menos é amosar ignorancia. Sen embargo, esta afirmación foi feita polo alcalde de Lalín e presidente da FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias), Xosé Crespo.
A lei 6/1998 (Régimen del Suelo y Valoraciones. BOE, nº 89, de 14 de abril de 1998) permitiu transformar solo non urbanizable en urbanizable e, sen embargo, non se producíu o esperado descenso do precio do solo e sí a súa destrucción.
Segundo datos do INE o precio da vivenda evolucionou de xeito parello ó IPC hasta 1998, e foi curiosamente a partir deste ano cando se disparou o precio da vivenda. Dende 1998 a 2003, o precio da vivenda incrementouse un 108,92% e o solo urbanizable un 170%.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL