Luns, 5 Maio. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Gondomar

Gondomar

Croacia e Italia participan en el Festival de Danzas Folclóricas de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

A alameda de Gondomar converterase mañán, ás 23 horas, no esceario do Festival Internacional de Danzas Folclóricas que, como é habitual desde fai uns anos, organiza a Concellalía de Cultura en colaboración coa asociación cultural Meiramar-Axouxeres de Moaña.

 

A Xunta compromete un plano para evitar as asulagacións en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
O conselleiro de Meio Ambiente, Xosé Manuel Barreiro Fernández, presentou onte o proxecto das obras que Augas de Galicia ten previsto realizar nos rios Zamáns e Miñor para solucionar os problemas de asulagacións no Concello de Gondomar. Xosé Cuiña xa había comprometido este plano de urxéncia fai tres anos, sen que até a data se levase a cabo.

III Premio de poesía e relato

Correo-e Imprimir PDF
 Amig@s
O martes 29 ás 20:30 na Casa da Cultura de Gondomar terá lugar o acto de presentación do libro no que se recollen os textos premiados no III Premio de poesía e relato "Conde de Gondomar". No acto os estudiantes premiados leran os seus textos e interviran o Concelleiro de Xuventude e Bieito Lepaspi polo IEM
Quedades todos e todas convidados

O Gas chegará a Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

O goberno municipal de Gondomar ten sobre a mesa a petición de licencia de obras de Gas Natural Galicia para a instalación dunha rede de suministro a este município, a Nigrán e a Baiona.

Dito proxecto ten como finalidade estabelecer a rede principal para poder garantir posteriormente o suministro de gas natural a particulares e estabelecementos comerciais.

Xornadas sobre o meio ambiente e os montes no centro de Vincios

Correo-e Imprimir PDF

O Centro Social de Vincios acollerá, os dias 28 e 29, a sexta edición das xornadas de montes e meio ambiente do Val Miñor.

O presidente da Mancomunidade de Montes, Latino Rodríguez,, será o encarregado de inaugurar os actos, o venres ás 20.00 horas. O axente forestal Manuel Fernández explicará despois a maqueta , que permanecerá exposta durante os dous dias, ao igual que as mostras sobre arbolado, petroglifos ou ferramentas forestais que se organizan paralelamente..

A Xunta autoriza a segunda fase para sanear Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
O Consello da Xunta autorizou onte o expediente da segunda fase do saneamento integral de Gondomar. O proxecto conta con un orzamento de 1.100.000 euros e contempla a construcción da rede de saneamento de Vincios por meio da instalación de colectores que conecten a actual rede de sumidoiros para dar servizo aos núcleos de povoazón da citada parróquia.

O BNG de Gondomar denuncia un vertedoiro ilegal en Vilaza

Correo-e Imprimir PDF

O grupo municipal nacionalista de Gondomar denuncia a existéncia dun vertedoiro incontrolado habilitado polo própio Concello para depositar resíduos que non collen nos contedores.

Está ubicado nunha propriedade privada xunto á estrada de Camos a Pegonegro e no mesmo vertense todo tipo de electrodomésticos, baterias de coches, aerosois, móbiles vellos, chatarra, colchóns ou restos de podas.

PRIMEIRAS XORNADAS DE PREHISTORIA E ARQUEOLOXÃ?A DO VAL MIÃ?OR

Correo-e Imprimir PDF

 28 e 29 de maio PRIMEIRAS XORNADAS DE PREHISTORIA E ARQUEOLOXÃ?A DO VAL MIÃ?OR, no Auditorio Lois Tobío de Gondomar. Matricula gratuíta. Horas homologables para profesores. Tema "25 anos do descubrimento do xacemento paleolítico de Chan do Cereixo".

Descarga aquí o boletín de inscripción

Descarga aquí o programa completo das Xornadas

A Cámara de Comércio de Vigo abre unha secretaria en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

A Cámara de Comércio de Vigo inaugurou onte unha delegación no Centro de Desenvolvimento Local de Gondomar que permitirá dar servizo a todas as empresas ubicadas no Val Miñor.

Desde esta secretaria, orientarase a todas as empresas en matéria de comércio interior, exterior, formación e novas liñas de negócio.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL