Luns, 14 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar PRIMEIRAS XORNADAS DE PREHISTORIA E ARQUEOLOXÃ?A DO VAL MIÃ?OR

PRIMEIRAS XORNADAS DE PREHISTORIA E ARQUEOLOXÃ?A DO VAL MIÃ?OR

Correo-e Imprimir PDF

 28 e 29 de maio PRIMEIRAS XORNADAS DE PREHISTORIA E ARQUEOLOXÃ?A DO VAL MIÃ?OR, no Auditorio Lois Tobío de Gondomar. Matricula gratuíta. Horas homologables para profesores. Tema "25 anos do descubrimento do xacemento paleolítico de Chan do Cereixo".

Descarga aquí o boletín de inscripción

Descarga aquí o programa completo das Xornadas

O município de Gondomar é rico en xacementos arqueológicos. Do paleolítico apareceron en Chan do Cereixo mais de 200 útis de cuarcita tallada. Mámoas coma a de Chaín, petroglifos como o de Pedra da Moura e castros como o de Xián indícannos que estas ricas terras foron testemuña de asentamentos desde épocas remotas.

En 1978 o arquitecto Xaime Garrido deu a coñecer a existencia de útiles paleolíticos arcaicos na chaira de Chan do Cereixo, en Portavedra (Gondomar), a uns 350m sobre o nivel do mar. Dando conta pormenorizada da micromorfoloxía do terreo e outros detalles de interese científico, que demostran a súa grande formación humanística. O que desde entón se vén denominando como xacemento paleolítico de Chan do Cereixo foi incorporado á lista destas áreas arqueolóxicas, e precisamente atópase no centro dunha zona especialmente sensible, como é o sur das provincias de Pontevedra e Ourense e preto do ben coñecido xacemento das Gándaras de Budiño, hoxe desaparecido, e que foi escavado por Emiliano Aguirre, actual director do Proxecto de Investigación de Atapuerca (Burgos).

Despois de 25 anos do seu descubrimento, Chan do Cereixo segue a ser o único xacemento no que aínda non se realizou ningún tipo de acción arqueolóxica encamiñada ao seu estudio, o que supón unha esperanza ante a desaparición dos xacementos clásicos do noso territorio, pola construcción de diversas infraestructuras: campos de fútbol, polígonos industriais�

Información

  • Secretaría: Eduardo Méndez e Rosana Estévez
  • Información: teléfonos 605 391 369 / 629 828 382
  • Matrícula aberta: enviar boletín de inscripción ao Apartado 30, 36380 de Gondomar ou ben a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
  • As horas serán homologadas pola Consellería de Educación. Entregaráse título acreditativo.
  • Organizan: IEM e AS-PG
  • Promove: Concellería de Cultura do Concello de Gondomar
  • Colaboran: Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Edicións do Cumio