Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar A Xunta compromete un plano para evitar as asulagacións en Gondomar

A Xunta compromete un plano para evitar as asulagacións en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
O conselleiro de Meio Ambiente, Xosé Manuel Barreiro Fernández, presentou onte o proxecto das obras que Augas de Galicia ten previsto realizar nos rios Zamáns e Miñor para solucionar os problemas de asulagacións no Concello de Gondomar. Xosé Cuiña xa había comprometido este plano de urxéncia fai tres anos, sen que até a data se levase a cabo.

A iniciativa, que permitirá aumentar a capacidade hidráulica do Zamáns e mellorar a súa confluencia co Miñor, conta con un orzamento de 1.804.428 euros. As obras centraranse no paso do Zamáns pola Avenida Curros Enríquez, onde se variará o trazado do río en 38 metros e erguerse unha ponte.

Ler nova completa da Voz de Galicia