Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Acrexoval denuncia un vertedoiro ilegal en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
A Asociación de Consumo Responsable e Xusto do Val Miñor (Acrexoval) denunciu a semán pasa a existencia dun vertedoiro incontrolado. Según Senen Costas, presidente da asociación,  "na parroquia de San Pedro da Ramallosa atópase un vertedoiro incontrolado de desperdicios, nun pequeno bosque delimitado polo camiño da Cabreira, o camiño do Poutón e a rúa Ana Isabel Costas Piñeiro. A situación exacta é moi preto da ponte de pedra que da acceso á finca da Rabaleira, no camiño da Cabreira. "

A poucos metros de ali, no medio do monte e a plena vista, hai un gran foso, que semella excavado, cunha morea de basura, electrodomésticos descartados, chatarra, escombros, etcétera. Os sendeiros que percorren este lugar tamén están cheos de desperdicios. Asi mesmo Senen Costas indica que "Preto de alí encontramos un circuito improvisado  para motos ou quads  e maís lixo espallado, evidencias da falta de control neste espacio natural. "

O colectivo cidadán Salvemos monteferro inicia unha recollida de firmas aberta

Correo-e Imprimir PDF

Segundo as fontes consultadas, o colectivo Salvemos Monteferro www.salvemosmonteferro.org inicia a súa campaña de defensa deste particular paraxe miñorán que suscitou sendas feridas na corporarión política e cidadán da comarca.

Dende o colectivo informan que os cidadáns que queiran colaborar poden descargar os formularios de recollida de firmas na súa web www.salvemosmonteferro.org dispoñible en 3 idiomas (castelán, galego e inglés) e envialos por correo ao APARTADO DE CORREOS 30, 36380 GONDOMAR. Segundo a información chegada, o chamamento iniciouse o venres pasado e a súa difusión trascendeu internacionalmente a través dun envio masivo de petición de axuda por contactos espallados por España e toda Europa.

Alfredo Rodríguez poderá decidir como informar aos grupos sobre o PGOU

Correo-e Imprimir PDF
Avelino , Antonio - Faro de VigoFonte - Faro de Vigo
A proposta aprobada corresponde a unha enmenda ao dictame da comisión informativa. Na reunión previa ao pleno, só o BNG presentou o seu moción para esixir a entrega inmediata do proxecto urbanístico e a creación dunha comisión especial de debate e seguimiento con participación cidadá. Todos os grupos, a excepción do nacionalista, abstivéronse na comisión, pero na sesión plenaria si aportaron as súas enmendas. O texto aprobado corresponde a unha delas. 
>> Avelino Fernández recula para evitar unha crise de goberno

O goberno de Nigrán asfalta a entrada privada a varias casas en Priegue

Correo-e Imprimir PDF

La Voz de GaliciaFonte - La Voz de Galicia 
Mentres tanto, os veciños de Vilariño continúan tendo os seus camiños intransitables

>> A alcaldía cambia o plan de obras sen notificalo á Xunta
>> Giráldez afirma que os regidores actuaron de forma irresponsable

O goberno de Nigrán ordenou asfaltar un vial privado no barrio máis acomodado do municipio mentres os veciños de Vilariño continúan esperando a que se adecenten os seus camiños tralas obras de saneamiento, segundo denunciou o portavoz do BNG, David Giráldez.

As vivendas do SAU-3 levan catro anos sen licenza municipal

Correo-e Imprimir PDF

Fonte - La Voz de Galicia
Os inquilinos reciben servizos pero non tributan ás arcas do Concello.
Volver   Constitución dunha asociación de afectados polas obras 

Nigrán continúa tendo unha urbanización «pantasma» porque oficialmente non existe para o Concello e os inquilinos das vivendas non pagan os impostos municipais.

O goberno non conseguiu aínda regularizar a situación deste barrio residencial ubicado na zona de Area Alta de Panxón catro anos despois de que os propietarios comezasen a habitar os pisos. O polémico Sau 3 é a «pataca quente» que Alfredo Rodríguez herdou do goberno socialista de Manuel Rial.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL