Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Acrexoval denuncia un vertedoiro ilegal en Nigrán

Acrexoval denuncia un vertedoiro ilegal en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
A Asociación de Consumo Responsable e Xusto do Val Miñor (Acrexoval) denunciu a semán pasa a existencia dun vertedoiro incontrolado. Según Senen Costas, presidente da asociación,  "na parroquia de San Pedro da Ramallosa atópase un vertedoiro incontrolado de desperdicios, nun pequeno bosque delimitado polo camiño da Cabreira, o camiño do Poutón e a rúa Ana Isabel Costas Piñeiro. A situación exacta é moi preto da ponte de pedra que da acceso á finca da Rabaleira, no camiño da Cabreira. "

A poucos metros de ali, no medio do monte e a plena vista, hai un gran foso, que semella excavado, cunha morea de basura, electrodomésticos descartados, chatarra, escombros, etcétera. Os sendeiros que percorren este lugar tamén están cheos de desperdicios. Asi mesmo Senen Costas indica que "Preto de alí encontramos un circuito improvisado  para motos ou quads  e maís lixo espallado, evidencias da falta de control neste espacio natural. " Acrexoval denuncian que "As situacións de degradación ambiental dos espacios naturais son acontecimentos usuais no Val Miñor. Existen numerosos vertedoiros incontrolados nos tres Concellos. En Nigrán existe dende fai anos, anque coa licencia dos sucesivos gobernos, un vertedoiro municipal que non serviu para xestionar adecuadamente os residuos sólidos neste Concello. A escasa educación e sensibilidade medioambiental podería ser unha das causas da falta de regulación e control de certos espacios naturais polos gobernos locais e da actitude deplorable dos cidadáns que cometen estes atentados ecolóxicos."