Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Veciños presentan 4.446 apoios para retirar definitivamente do PXOM de Nigrán a proxectada vía de alta capacidade.

Veciños presentan 4.446 apoios para retirar definitivamente do PXOM de Nigrán a proxectada vía de alta capacidade.

Correo-e Imprimir PDF
non vial concello

O colectivo de veciños e familias afectadas conseguiron reunir en menos de 3 semanas, 4.446 apoios para solicitar ao concello e á Xunta de Galicia a retirada da nova vía urbana de alta capacidade incluída no plan xeral de Nigrán.

As firmas foron presentas como alegación ao PXOM de Nigrán que actualmente atópase en fase de exposición ao público, e en período de alegacións até o xoves de 3 de outubro.
Os veciños presentarán copia das sinaturas ante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, "para que se teña constancia do rexeitamento do trazado de cara aos futuros plans de estradas".