Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O CEIP Carlos Casares inicia obras de arranxo na súa infraestrutura de saneamento.

O CEIP Carlos Casares inicia obras de arranxo na súa infraestrutura de saneamento.

Correo-e Imprimir PDF
autoridades-carlos-casares


As infraestruturas de saneamento do CEIP Carlos Casares serán finalmente arranxadas. O colexio de Vilariño contará cunha axuda de 30 mil euros destinada pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia a tal fin. A obra será supervisada pola alcaldía de Nigrán a través da Concellería de Educación, que foi quen fixo as xestións coa administración autonómica.

Este mércores 29 o alcalde Alberto Valverde e a concelleira de Educación local, Ana Rosa Costas Abalde visitaron o centro de ensino co fin de entrevistarse coa directora Carmen Valcárcel Juárez, a fin de concertar as obras.

"É unha obra importante, tanto pola contía do investimento como pola problemática que o estado das cañerías da planta baixa do centro xeraban ao atascarse, xerando malos cheiros e a emisión de gases pouco recomendables para a súa inhalación", sinalou o alcalde de Nigrán, Alberto Valverde