Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A fiscalía declara ilegais as obras do vial polo monte feito polo concello de Nigrán

A fiscalía declara ilegais as obras do vial polo monte feito polo concello de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
vial obras_ilegais_chandebrito_priegue
Download this file (Dilixencias_fiscalia_vial_Priegue_Chandebrito.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

O concello de Nigrán, a Diputación de Pontevedra e a Comunidade de Montes de Camos, puxeron en marcha o pasado mes de outubro,  as obras dun vial de conexión entre Priegue e Chandebrito sin contar con licenza nin con autorización algúnha.

A investigación realizada polo SEPRONA a instancias da fiscalía, deixa en evidencia as afirmacións do alcalde popular, Alberto Valverde,  que asegurou en repetidas ocasións que as obras eran legais e contaban con todas as autorizacións de Medio Rural.

O vial espertou a reacción de numerosos veciños da zona pola dimesións do ensanchamento e a deforestación realizada para tal feito. As preupacións foron recollidas polo PSOE de Nigrán e en outubro acusaba públicamente ao goberno local de Nigrán de realizar un vial de xeito ilegal e sin os permisos pertinentes e instaba ao Concello a aportar a documentación relativa ás obras. Ante tales feitos o PSOE de Nigrán e un particular presentaron denuncias ante a fiscalía para a investigación dos feitos.

A dilixencia da fiscal provincial, Natividad ... , recoñece a ilegalidade das obras por realizarse sen licencia nin autorización e por realizarse sobre chan non urbanizable e sólo rústico de proteción arqueolóxica e forestal.

Por estes motivos a fiscalía acusa tamén á Comunidade de Montes de Camos por promover unhas obras, que non se axustan a dereito, e pide para eles unha sanción por infracción administrativa.

As obras foron paralizadas e finais de outubro, unha vez iniciadas, sendo a propia Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Rural a cal comunicou ao concello de Nigrán e a Comunidade de Montes de Camos que as obras non eran autorizables.

O concello viuse obrigado a redactar un proxecto de restauración e soliticar os permisos ao Servizo de Patrimonio Cultural dado que o vial discurría por zonas de protección arqueolóxica.

A fiscalía non ve indicios de delito.
As dilixencias da fiscalía conclúen que non se acredita a existencia de delito algún nin contra o medio ambiente nin contra o patrimonio, dado que non se acredita inicialmente nesta investigación, ao marxe dos custes da obra incial e desta restauración. 

 A consumación dun atentado arqueolóxico por parte da administración.
As conclusións das dilixencias previas da fiscalía que sinala non apreciar ningún tipo de agresión patrimonial, contrastan co informe da prospección arqueolóxica que realiza a seción de Arqueoloxía do Instituto de Estudos Miñoranos. En novembro de 2011 o arqueólogo Eduardo Méndez, en declaracións ao Faro de Vigo, confirmaba que as obras do concello pasaban por riba dun asentamento humán paleolítico e con continuidade no calcolítico ou a idade de bronce. As obras realizadas pola maquinaria da Diputación de Pontevedra deixaban á luz numerosos útis prehistóricos utilizados nestas épocas.

O arqueólogo miñorán amosaba o seu "desgusto" porque se arrasase o patrimonio sen nin sequera realizar un estudo previo, e sobre todo, porque "sexa a propia Administración quen o faga, saltándose as prospeccións arqueolóxicas obrigadas por lei".

Non era a primeria vez que aparecían ferramentas desta época na zona. En 2007 aparecían varías machadas bifaces e diversos muiños de man con máis de 200.000 anos de antigüidade. Nesta mesma zona atopáronse restos de cerámica do Calcolítico 4.000 e 5.000 anos. E todos eles foron catalogados por Patrimonios e están custodiados no Museo Provincial.

As obras non só estragaron este asentamento, se non que nas inmediacións se atopan unha ducia de petroglifos catalogados pola propia Xunta e outros sen catalogar.

O IEM non descartaba medidas legais para dirimir responsabilidades.

O PSOE pedirá ao alcalde e ao concelleiro de Vías e Obras que o "paguen do seu bolsillo"
O PSOE emitiu un comunicado acusando ao alcalde Alberto Valverde de haber mentido no referente ás obras deste vial cando aseguraba que contaba con todos os permisos oportunos. O PSOE lamenta que quen pague finalmente a irresponsabilidade das decisións do alcalde sexan as propias arcas municipais polo que pedirán que os gastos de reposición do vial sexan sufragados coas dedicacións exclusivas do alcalde e do concelleiro de vías e obras para que non repercutan na "xa endeble economía dos veciños e veciñas de Nigrán".