Martes, 23 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O BNG acusa ao alcalde de Nigrán de dilatar o anuncio do punto limpo para o municipio.

O BNG acusa ao alcalde de Nigrán de dilatar o anuncio do punto limpo para o municipio.

Correo-e Imprimir PDF
vertedoiro-canido

A máis de dous meses do anuncio da inmediatez da localización dun punto limpo para Nigrán, anunciada polo Alcalde Alberto Valverde, o feito aínda non se produxo. O incumprimento do devandito anuncio, é denunciado polo BNG de Nigrán, que reclama ao alcalde " tomar conciencia das súas responsabilidades, cesando o lanzamento de noticias en prensa sobre a inmediatez da creación dun punto limpo para Nigrán e transformar isto nunha actuación efectiva que permita atallar un problema que deteriora cada día o noso concello"

 

Os nacionalistas argumentan que en materia ambiental "dilatar o tempo de tomar unha decisión non fai senón empeorar o problema." Salientan que Nigrán é o único concello do Val Miñor que non conta cun servizo de punto limpo.

Nese senso, os nacionalistas opinan que trátase dun tempo "que estamos seguros que necesitará empregar para resolver outros temas relacionados con este ámbito, como poden ser a defensa do espazo natural de Monteferro, o saneamento do Río Muiños ou o coidado dos areais e as súas respectivas dunas para que estas non se convertan en aparcadoiros durante a realización de eventos, entre outros moitos".