Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán compromete á Xunta no saneamento e abastecemento de auga en Camos e Parada.

Nigrán compromete á Xunta no saneamento e abastecemento de auga en Camos e Parada.

Correo-e Imprimir PDF
saneamento

Alberto Valverde anunciou nesta xornada que completar a rede de saneamento nas parroquias de Camos e Parada é que "un dos grandes obxectivos no seu mandato". Desexo que tamén transmitiu ao conselleiro Agustín Hernández na pasada reunión mantida en Santiago. O rexedor salientou que a devandita obra, cumprimentada coa achega da rede de auga potable é fundamental para estas zona onde "teñen grandes problemas de abastecemento".

 

Neste senso, cualificou o encontro mantido có conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de" moi satisfactorio", xa que dá cumprimento a unha das maiores e urxentes necesidades do municipio a resolver. "Completar e mellorar a rede de seaneamento e abastecemento de auga en Nigrán é unha necesidade e un compromiso do goberno local", sinalou Valverde.

"É inconcebible que no século XXI un municipio como Nigrán non conte cunha infraestrutura hidráulica en condicións, que dea cobertura a todos os veciños e veciñas, polo que faremos os esforzos necesarios para que os nosos veciños e veciñas teñan estas necesidades básicas cubertas", afirmou Valverde