Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Medio Ambiente compromete obras para modernizar a rede de saneamento de Nigrán.

Medio Ambiente compromete obras para modernizar a rede de saneamento de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
valverde-hernandez

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, trasladoulle ao alcalde de Nigrán, Alberto Valverde Pérez, o seu compromiso para executar as obras que "modernicen, completen e complementen a actual rede de saneamento" do concello de Nigrán. Ao mesmo tempo, nesta reunión, manifestoulle a colaboración da Xunta no cofinanciamento da mellora do abastecemento e da Estación de tratamento de auga potable (Etap) do municipio.

 

O conselleiro e o alcalde mantiveron o martes 15 pola mañá un encontro de traballo, no que abordaron a necesidade de dar unha reposta axeitada á situación actual tanto da rede de abastecemento como de saneamento do concello. Así, Hernández trasladoulle ao rexedor a posibilidade de asinar un convenio de colaboración para rematar e mellorar a situación do saneamento. Aclarou que esta colaboración entre as administración será similar é que a Xunta mantén con outras administracións locais, "co obxectivo de dar resposta ás necesidade dos seus cidadáns, ao mesmo tempo que se mellora substancialmente a situación da rede de saneamento da vila".