Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O anuncio de novas medidas de seguridade no Concello de Nigrán esperta nova polémica PP - PSOE.

O anuncio de novas medidas de seguridade no Concello de Nigrán esperta nova polémica PP - PSOE.

Correo-e Imprimir PDF
A partir de hoxe un sistema de cámaras vixila Porto de Molle (imaxe Zona Franca)

É Nigrán un concello seguro? A polémica desatouse no transcurso da pasada xornada entre populares e socialistas do devandito municipio a partir dun novo anuncio nesta materia por parte do rexedor Alberto Valverde (PP), quen informou da instalación dun sistema de vídeo - vixilancia no parque empresarial  Porto de Molle. Mentres o alcalde presentou a iniciativa no senso de " transmitir a nuestros vecinos y vecinas, y también a la gente que nos visita, que Nigrán es un municipio tranquilo y ordenado”, o portavoz socialista Juan González opinou que a reiteración deste tipo de mensaxes dan a  imaxe "de un municipio perigoso ao que deberá un achegarse solo por obriga."

O pasado venres, o goberno de Nigrán anunciaba que a partir deste luns medraban as medidas de seguridade en Porto do Molle, coa posta en funcionamento dun sistema de cámaras de vixilancia. Ademais, advertíase da presenza da policía local, o que en opinión de Alberto Valverde" permitirá tener un mayor control sobre la seguridad de los más de 1 millón de metros cuadrados del parque empresarial". O alcalde de Nigrán e responsable da Concellería de Seguridade do municipio opinaba “La puesta en marcha de este sistema de seguridad en Porto do Molle dará también más seguridad a las empresas interesadas en instalarse en el parque empresarial, actuando como un incentivo para que apuesten por venir a Nigrán”.

En resposta, o PSOE fixo a través dun comunicado público  unha serie de obxeccións. En primeiro lugar o escrito afirmaba que cando o goberno municipal di que " así transmite seguridade e confianza, cando dende que gobernan o único obxectivo é enchernos de Policía de noite e de día. Realmente a imaxe que dan é de un municipio perigoso ao que deberá un achegarse solo por obriga." Os socialistas preguntábanse " Como é posible que o Concello de Nigrán poña Policía específica en Porto do Molle? Como é posible que o Concello invista en cámaras de seguridade en Porto do Molle?.... Iso é claramente competencia de Zona Franca ou como moito da Entidade de Conservación do Parque!", sinalaban.

As críticas do sector maioritario da oposición ao goberno popular especulaba que "Aquí hai dúas posibilidades: 1) que Alberto Valverde venda algo que realmente faga Zona Franca (moi probable) ou 2), que o Concello de Nigrán estea investindo os cartos dos veciños e veciñas en ámbitos que non lle corresponden, si é esta segunda opción Alberto Valverde estase metendo nunha boa  lea no seu afán de considerar a Nigrán un concello inseguro e perigoso, xa que ningún informe técnico vai respaldar esta escandalosa decisión."

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, respondeu ás declaracións de Juan A. González afirmando que as cámaras de seguridade que dende hoxe están funcionando en Porto do Molle non supón ningún custe ás arcas municipais. “La instalación de este dispositivo de seguridad es una medida adoptada por Zona Franca en colaboración con el Ayuntamiento de Nigrán que no redundará en ningún coste para las arcas municipales”, aclarou.

O rexedor lembrou  a González que foi o anterior goberno "quien destinó más de 115.000 euros en la instalación de unas cámaras en distintos puntos del municipio, sobre las cuáles el conoce perfectamente el proceso de instalación y su situación actual." Valverde acusou que as " únicas inversiones realizadas por el anterior gobierno en materia de seguridad fueron las mencionadas cámaras y la instalación de unas bandas sonoras sin ningún tipo de criterio”.