Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O CEIP da Cruz de Camos estrea parque infantil e recibe ao programa "Ponlle pilas ao teu bocata"

O CEIP da Cruz de Camos estrea parque infantil e recibe ao programa "Ponlle pilas ao teu bocata"

Correo-e Imprimir PDF
Alberto Valverde e Ana Rosa Costas durante a visita ao CEIP da Cruz en Camos.

A campaña da Xunta de Galicia, Ponlle as pilas ao teu bocata visitou hoxe Nigrán, máis concretamente o C.E.I.P. da Cruz, en Camos. Todos os alumnos e alumnas do centro puideron gozar dunha xornada educativa na que puideron coñecer as múltiples virtudes das conservas de peixes e mariscos, ademais do labor dos mariñeiros, o proceso de fabricación das conservas, a clasificación dos peixes e a importancia do coidado e conservación dos recursos mariños. Ao finalizar a parte lúdico-educativa da xornada, gozaron dun saboroso e nutritivo bocata elaborado a partir de conservas de peixes e mariscos.

Aproveitando a presenza da campaña da Xunta de Galicia, o alcalde Alberto Valverde e máis a concelleira de Educación e Persoal Ana Rosa Costas Abalde desprazáronse ao colexio coincidindo tamén coa instalación dun novo parque infantil para os alumnos e alumnas do centro, “unha reivindicación da dirección do centro realizada en varias ocasións nos dous últimos anos”, sinalou Valverde na súa visita a este colexio.