Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán sae da lista dos 30 concellos baixo ameaza de Facenda tras comunicar as súas contas do 2010.

Nigrán sae da lista dos 30 concellos baixo ameaza de Facenda tras comunicar as súas contas do 2010.

Correo-e Imprimir PDF
edificio_concello_grua_frente

Finalmente o Concello de Nigrán comunicou ao Ministerio de Economía e Facenda a liquidación das contas 2010, desactivando así a ameaza de retencións das achegas mensuais da administración española, que pendía sobre o municipio. O rexedor Alberto Valverde asegurou que a devandita comunicación tivo lugar o sábado pasado tras o remate dos traballos emprendidos polos técnicos municipais do Departamento de Intervención. Valverde destacou a labor dos funcionarios e ao mesmo tempo lamentou o “revuelo” provocado, "en parte por el propio Ministerio, tras hacerse pública la lista de municipios que no habían procedido a la comunicación de la liquidación."

O anuncio da administración miñorana, coincide cunha nova comunicación do goberno na que se amplía ata finais de setembro o prazo para que as administracións locais presenten a liquidación do orzamento ante a Dirección Xeral de Coordinación Financeira pertencente ao Ministerio de Economía e Facenda. Valverde sinalou que o desconcerto xerado pola acción ministerial daba a sensación de que " los ayuntamientos perderían los ingresos correspondientes por no haber realizado a tiempo la comunicación cuando realmente se trataba de una “retención” hasta la fecha de comunicación de liquidación que una vez efectuada, al mes siguiente, se abonarían las cantidades de meses anteriores retenidas más la correspondiente al mes en curso."

Finalmente o alcalde salientou que se trataba dun traballo técnico onde os funcionarios do Departamento de Intervención "han hecho un gran esfuerzo para cumplir los plazos y poder realizar la comunicación, lo que finalmente se ha conseguido gracias a su implicación y compromiso".