Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán PP e PSOE Nigrán quitan transcendencia a unha posible suspensión das achegas de Economía e Facenda.

PP e PSOE Nigrán quitan transcendencia a unha posible suspensión das achegas de Economía e Facenda.

Correo-e Imprimir PDF
A portavoz de EU Nigrán, Betty León acusa de desidia a populares e socialistas ante o retraso nas liquidacións ao ministeiro de Economía

Nin en marzo nin en xullo o Concello de Nigrán presentou ao Ministerio de Economía e Facenda a liquidación das contas correspondentes ao orzamento 2010. Agora pende sobre a administración municipal a ameaza do goberno de Rodríguez Zapatero de suspender o importe das entregas mensuais que chegan a Nigrán correspondentes ás porcentaxes municipais dos tributos. Tanto o alcalde popular Alberto Valverde, como o portavoz do PSOE, Juan González coincidiron en declaracións a esta Redacción que de aplicarse a devandita suspensión, a mesma será temporal ata cumprimentar o trámite administrativo correspondente, así como que a liquidez das finanzas do concello son de abondo para asumirllo. Ambos os dous concelleiros saíron ao cruce dun comunicado feito público esta mañá por EU Nigrán (sen representación na corporación), na que especúlase que o retraso “pon en perigo non só as actividades propias do Concello de cara á cidadanía senón que tamén pon en perigo o pago das nóminas dos funcionarios e empregados municipais”.

Segundo o anunciado polo ministerio, a suspensión dos pagos terá lugar a partir do vindeiro mes de setembro. Alberto Valverde restou importancia ao anuncio e sinalou que seguramente no transcurso desta semana Nigrán entregará a documentación. Tanto nas consultas realizadas ao rexedor como ao actual portavoz do PSOE e concelleiro do anterior goberno socialista, Juan González, destacaron que trátase dun tema eminentemente técnico, onde os responsables municipais de Intervención e Tesourería levan adiante a tramitación. No caso de González, mantívose cauto en canto a data de entrega da documentación, xa que polas consultas feitas esta mañá, tanto o Interventor como a Tesoureira están de vacacións.

Nembargante, EU Nigrán non o ve claro e acusa á “desidia da anterior e do actual Goberno municipal de Nigrán, se lle suma a obriga do Concello de Nigrán de devolver nos próximos cinco anos os anticipos a conta que percibiu do goberno central durante os anos 2008 e 2009 de acordo cunhas previsións que non tiñan en conta a crise económica que xa anunciaban tódolos indicadores económicos.”