Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Os socialistas sinalan que a remodelación da Rúa San Roque se fixo cos votos en contra do PP.

Os socialistas sinalan que a remodelación da Rúa San Roque se fixo cos votos en contra do PP.

Correo-e Imprimir PDF
Os socialistas recordaron a A. Valverde que votou en contra da remodelación da Rúa San Roque en 2009.

“Alberto Valverde acusa ao anterior goberno do PSOE do atraso na remodelación da Rúa San Roque de Camos cando foi o mesmo Alberto Valverde e o PP Nigrán os que votaron en contra de urbanizar este importante vial no Pleno de 2009”, afirmou categoricamente o portavoz socialista e ex concelleiro de Urbanismo do municipio Juan González. O PSOE sae así ao cruce das manifestacións do rexedor popular que acusou ao goberno de Efrén Juanes do atraso nun ano no remate das obras.

A resposta dos socialistas baséase nas actas do Pleno da corporación de marzo de 2009, onde o grupo popular opúxose a investir parte dos fondos achegados ao municipio polo convenio de Porto de Molle, para a devandita obra. González sinala que daquela, o goberno socialista alcanzou a maioría necesaria para destinar máis de 700 mil euros "nunha obra que levaba parada máis de 20 anos e no que o PP de Nigrán e o actual Alcalde votou en contra".

"Que o Alcalde e o Presidente da Asociación de Veciños de San Pedro (en alusión ao concelleiro de Vías e Obras, José Álvarez) se acheguen á Rúa San Roque de Camos a facer seguimento das obras de urbanización parece lóxico e, aínda que sempre se posicionaron en contra da obra, tócalle recoller os froitos dun traballo do goberno anterior o que é dunha hipocrisía e desvergonza política inusual é que aproveite esa finalización das obras para insultar e acusar ao goberno socialista", sostivo nun comunicado publico, González.

O escrito agrega que despois dun ano de negociacións cos propietarios a mediados de 2010 se rematou o proxecto e iniciouse a súa licitación en outubro dese ano, sendo adxudicadas as obras en xaneiro de 2011 e comezadas en febreiro.

"Se por Alberto Valverde fora a día de hoxe a Rúa San Roque non estaría rematándose, simplemente estaría sen empezar e que agora use o seu cargo de Alcalde, que non ten ben asumido, para dedicarse a desprestixiar ao goberno Socialista demostra unha tremenda inmadurez e que o cargo de Alcalde venlle tremendamente grande", sinala o portavoz da oposición.

Juan González agrega que en breves rematarase a obra do novo edificio administrativo e Auditorio de Nigrán "despois de oporse radicalmente e denostarlo sendo oposición non nos estrañaría miralo inaugurando o edificio e o Auditorio criticando a quen conseguimos realizalo."