Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Alberto Valverde acusa ao anterior goberno socialista do atraso na remodelación da Rúa San Roque.

Alberto Valverde acusa ao anterior goberno socialista do atraso na remodelación da Rúa San Roque.

Correo-e Imprimir PDF
O alcalde A. Valverde e o concelleiro José Alvarez na Rúa San Roque.

O Concello de Nigrán prevé rematar esta semana a segunda fase do proxecto de remodelación da Rúa San Roque, na parroquia de Camos, co asfaltado da mesma. O rexedor Alberto Valverde asegura que o novo goberno xa está realizando as xestións necesarias para iniciar e finalizar canto antes a III fase do proxecto. Estas obras abarcarían o último tramo do viario, ata o Torreiro de San Roque, durante unha distancia aproximada duns 300 metros. "Trabajaremos con la mayor diligencia posible para darle a todos los vecinos y vecinas de Camos el vial que se merecen”, sinalou o alcalde de Nigrán.

Valverde tamén informou que a finalización da II fase das obras deste viario prodúcese un ano logo da data comprometida polo anterior alcalde de Nigrán, Efrén Juanes, quen determinara a finalización das mesmas en agosto de 2010. Ademais, o rexedor denuncia que o anterior goberno municipal deixou o proxecto sen contemplar a sinalización e o pintado do viario, " un ejemplo más que, junto el nuevo edifico del Ayuntamiento, la ineficacia en el modo de trabajar del anterior gobierno del PSOE ", subliña. Neste sentido, o alcalde agrega que se están buscando as fórmulas para emendar esta situación para que a Rúa de San Roque estea en perfecto estado e segura para o seu uso.