Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O goberno de Nigrán decide manter a quenda nocturna da policía local ata o 31 de decembro.

O goberno de Nigrán decide manter a quenda nocturna da policía local ata o 31 de decembro.

Correo-e Imprimir PDF
O alcalde Alberto Valverde entende que é necesario manter o servizo nocturno da Policía Local.

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, mantivo esta semana unha reunión coa Xunta de Persoal e representantes da Policía Local na que se acordou a continuidade do servizo nocturno deste corpo de seguridade ata o próximo 31 de decembro. Na reunión tamén se expuxo a negociación de modificacións en diversos puntos do Convenio e Acordo Regulador dos Traballadores Municipais. Neste sentido, o rexedor municipal sinala que o actual convenio asinouse fai 18 meses, “un convenio que el propio gobierno socialista incumplió desde el primer día”.

O rexedor de Nigrán informou que o mantemento desta quenda permitirá continuar cos labores de recuperación da orde e a seguridade en determinados puntos do municipio, por exemplo a contorna da Ramallosa. “La actuación del turno de noche de la policía local en los meses de verano ha implementado la seguridad en todo el municipio, así como en los puntos más conflictivos, mejorando así la calidad de vida de los vecinos y vecinas y también la imagen de Nigrán”,opinou nun comunicado achegado aos medios.

O Concello da conta das actuacións do servizo nocturno da policía local.

No escrito afírmase que durante o servizo nocturno dos meses de xullo e agosto, a Policía Local de Nigrán atendeu a diversos requirimentos por ruídos, pelexas e roubos, así como tres accidentes de circulación, en distintos puntos do municipio. Así mesmo, reforzou a vixilancia naquelas zonas máis conflitivas, especialmente no centro urbano da Ramallosa, onde os dispositivos realizaron máis de cen identificacións, 89 das cales tramitáronse como denuncias por alteración da orde, cinco por incautación de drogas e tres por tenencia de armas prohibidas, neste caso armas brancas.

A quenda de noite realizou ademais nove alcoholemias positivas, con inmobilización do vehículo e ateigado xudicial, así como oito detencións por diversas causas. O rexedor municipal asegura estar moi satisfeito co labor do servizo nocturno da Policía Local, e agradece o esforzo realizado polos membros deste corpo de seguridade os últimos dous meses. " Mantener este servicio durante todo el año garantizará una mayor seguridad a los vecinos y vecinas de Nigrán, así como una mayor seguridad vial en las carreteras del municipio”agrega.

Este servizo estará a disposición da poboación as 24 horas do día no número de teléfono 696440390.