Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A partir desta noite restablécese o servizo nocturno da Policía Local de Nigrán.

A partir desta noite restablécese o servizo nocturno da Policía Local de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
policia-local

.A partir desta noite restablécese o servizo nocturno da Policía Local de Nigrán.

.A Policía Local de Nigrán as 24 horas a través do móbil 696 440 390.

Os veciños e veciñas de Nigrán volven contar desde esta noite co servizo nocturno da Policía Local. Este servizo permanecerá operativo polo menos ata o próximo 15 de setembro, anunciou o alcalde Alberto Valverde, quen dirixe persoalmente o Departamento de Seguridade de Nigrán. A posta en marcha desta quenda ten por obxectivo "garantir a seguridade cidadá e o mantemento da orde pública as 24 horas do día", aseguran dende o Concello.

Segundo o comunicado emitido pola alcaldía  a Policía Local reforzará os seus efectivos os fins de semana "na medida do posible, especialmente na contorna da Ramallosa, co firme obxectivo de erradicar o vandalismo que padece este barrio desde hai meses." O Alcalde sinalou que  "Es inaceptable que los vecinos y vecinas de Nigrán padezcan semana tras semana los conflictos y actos vandálicos que se registran en A Ramallosa, y es nuestro deber hacer todo lo que esté en nuestras manos para solucionarlo”.

A poboación contará co móbil 696440390 durante as 24 horas para comunicarse coa Policía Local. “La entrada en funcionamiento de este servicio es fundamental en esta época del año, en la que el municipio ve multiplicada su población”, explicou o alcalde de Nigrán, Alberto Valverde. “Hacer de Nigrán un municipio seguro y ordenado es para mi gobierno una prioridad, y estamos trabajando en esa dirección, con el objetivo de que los vecinos y vecinas del municipio puedan contar con un servicio nocturno de la Policía Local durante todo el año”, agregou.