Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A folga de lixo ameaza con deixar 50 toneladas ao día en Nigrán

A folga de lixo ameaza con deixar 50 toneladas ao día en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
Os traballadores da concesionaria Cespa iniciaron onte unha folga indefinida de limpeza viaria e recollida de lixos que ameaza con sementar o caos no municipio de Nigrán. Non podían elixir outro momento mellor para facer oír as súas reivindicacións. Nigrán chega a triplicar a súa poboación durante a tempada alta e estímase que cada día que se prolongue o paro quedarán sen recoller nas rúas entre 40 e 50 toneladas.

Os veciños onte aínda non notaron os efectos deste paro, pero os traballadores comezaron a manifestarse na rúa. Cara ao mediodía plantáronse ante a Casa Consistorial cunha pancarta e despois dirixíronse á rotonda da Ramallosa, onde fixeron moito ruído, pero non chegaron a cortar o tráfico. Durante os próximos días continuarán organizando diversas accións de protesta, porque queren que o Concello se implique ao estar en xogo un servizo público.

Continúa na Voz de Galicia

 

 O Concello solicita a colaboración cidadá para garantir un nivel mínimo de hixiene nas rúas.

A empresa adxudicataria da recollidas dos RSU comunicou ó concello a DECLARACIÓN DE FOLGA CON CARACTER INDEFINIDO A PARTIR DO 14 DE XULLO.  Os motivos desta folga son absolutamente alleos a calquera intervención do Concello de Nigrán e débense a medidas de presión pola negociación do convenio colectivo de recollida de residuos sólidos e limpeza viaria no Concello de Nigrán. 

O Concello de Nigrán ven de decretar os servicios mínimos para garantir un nivel de hixiene sanitaria mínimo nas rúas e nas praias do término municipal. 

Dados os graves riscos que se poden xenerar pola situación de folga na recollida de RSU, ROGAMOS A COLABORACIÓN 
dos cidadáns e especialmente daquelas actividades que xeneran gran volumen de lixo, facendo un especial  esforzo por:

  • Non verter lixo innorgánico como plásticos, papel, etc, mentres dure a folga
  • Reducir ó mínimo o volumen de lixo orgánico producido
  • Empregar bolsas convintemente pechadas para evitar a dispersión do lixo
 
  Para elo, solicitan a colaboración dos cidadáns en todos estas e outras medidas que reduzan o depósito de lixo na vía pública, evitando que se poidan xerar problemas de salubridade pública.