Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Os turistas ingleses que chegan a Vigo, visitan os petroglifos de Chandebrito

Os turistas ingleses que chegan a Vigo, visitan os petroglifos de Chandebrito

Correo-e Imprimir PDF
Unha vez por semana, os veciños de Chandebrito miran chegar aos cruceristas ingleses que na súa escala en Vigo, achéganse a esta parroquia. Estela Pérez, concellala de turismo móstrase moi satisfeita polo interese que mostran os turistas polo noso patrimonio natural e pola arte rupestre, do que Chandebrito é sen dúbida unha mostra espectacular.

En Chandebrito estase desenvolvendo dende fai meses o proxecto de recuperación e posta en valor do seu patrimonio arqueolóxico, dirixido pola arqueóloga Rosa Villar e cofinanciado pola Unión Europea con fondos Proder II.

Este proxecto, na súa realización, recupera tanto o patrimonio rupestre co tratamento dos petroglifos, como o natural e etnográfico e enmárcase na liña anunciada no seu día polo Alcalde Efrén Juanes, de dinamizar esta parroquia para que ao tempo, elevar a calidade de vida dos veciños e proxectar ao exterior unha oferta alternativa ao turismo de praia.

Neste sentido, Estela Pérez considera que a realización deste proxecto, é sen dúbida o punto de arranque cara a unha nova política turística en Nigrán:

"Considero que interpretar o noso patrimonio, poñelo en valor e dalo a coñecer é o noso primeiro deber como cuidadanos de Nigrán. É sen ningunha dúbida o que nos fai singulares culturalmente e bríndanos unha oportunidade de desenvolvemento da que non nos podemos esquecer. Desde a nosa chegada, apostamos por descentralizar a oferta turística, ata agora envorcada nas nosas praias."

A posta en funcionamento da oficina de interpretación patrimonial de Chandebrito, terá lugar este verán e ofrecerá aos visitantes información sobre o patrimonio rupestre, etnológico e natural.

Esta oficina, convértase na primeira de Nigrán na divulgación destes bens patrimoniales achegando ao gran público, elementos da nosa cultura ata agora só valorados por especialistas. Dispoñerá dunha exposición permanente así como dunha itinerante, e contará con diversos talleres formativos e lúdicos, dirixidos a nenos.