Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda O arqueólogo Xosé Lois Vilar amosará a riqueza arqueolóxica e cultural da parroquia de Morgadáns.

O arqueólogo Xosé Lois Vilar amosará a riqueza arqueolóxica e cultural da parroquia de Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF
Imaxe petroglifo Auga da Laxe. Foto: vigoarqueologico.blogspot.com

A Chan das Moutas, A Cama da Moura ou O Outeiro da Cruz do Morto son nomes que indican lugares, espazos que forman parte da identidade da parroquia de Morgadáns. De todos eles e mais das achegas que a arqueoloxía fixo das diferentes culturas que deixaron a súa pegada na zona, será o tema da charla a cargo do experto do Instituto de Estudos Miñoranos  o arqueólogo Xosé Lois Vilar. O coloquio será o próximo sábado 12 de febreiro na Escola de Prado, no barrio de Prado, parroquia de Morgadáns (Gondomar). A xuntanza comezará ás 19 horas e está organizada pola Asociación Cultural de San Roque de Morgadáns.

Os asistentes tomarán contacto coa toponimia, a disciplina que estuda e relaciona a xeografía e os nomes, o que posibilita saber por exemplo que A Chan das Moutas é un monte de terra e que no caso de Morgadáns fai referencia a un enterramento de hai 6000 anos, un verdadeiro cemiterio prehistórico. O mesmo que A Cama da Moura ou A Sepultura, dous enterramentos antropomorfos, dos que só queda a roca baleirada como derradeira testemuña de antigas cerimonias de hai séculos. Tamén outros lugares, mencionados pola maioría dos paisanos ten unha orixe compartida entre a prehistoria e a historia, O Outeiro do Morto, lugar de muíños naviculares de hai milenios e tamén lugar dun asasinato da historia recente.

 

A riqueza arqueolóxica que atesoura a parroquia de Morgadáns, e toda a bisbarra miñorana será amosada a través de imaxes e explicacións a cargo do arqueólogo Vilar. A Chan das Moutas, A Cama da Moura ou O Outeiro da Cruz do Morto son nomes que indican lugares, espazos que forman parte da identidade da parroquia de Morgadáns. De todos eles e mais das achegas que a arqueoloxía fixo das diferentes culturas que deixaron a súa pegada na zona, será o tema da charla a cargo do experto do Instituto de Estudos Miñoranos  o arqueólogo Xosé Lois Vilar. O coloquio será o próximo sábado 12 de febreiro na Escola de Prado, no barrio de Prado, parroquia de Morgadáns (Gondomar). A xuntanza comezará ás 19 horas e está organizada pola Asociación Cultural de San Roque de Morgadáns. O asistentes tomarán contacto coa toponimia, a disciplina que estuda e relaciona a xeografía e os nomes, o que posibilita saber por exemplo que A Chan das Moutas é un monte de terra e que no caso de Morgadáns fai referencia a un enterramento de hai 6000 anos, un verdadeiro cemiterio prehistórico. O mesmo que A Cama da Moura ou A Sepultura, dous enterramentos antropomorfos, dos que só queda a roca baleirada como derradeira testemuña de antigas cerimonias de hai séculos.

Tamén outros lugares, mencionados pola maioría dos paisanos ten unha orixe compartida entre a prehistoria e a historia, O Outeiro do Morto, lugar de muíños naviculares de hai milenios e tamén lugar dun asasinato da historia recente. Tamén a riqueza arqueolóxica que atesoura a parroquia de Morgadáns, e toda a bisbarra miñorana será amosada a través de imaxes e explicacións a cargo do arqueólogo Vilar.