Sábado, 14 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O concello mellorará o entorno do porto de Panxón

O concello mellorará o entorno do porto de Panxón

Correo-e Imprimir PDF
Porto de Panxón

O alcalde de Nigrán Efrén Juanes Rodríguez e o Concelleiro de Actividades Marítimas, Manuel Doldán Costas mantiveron no día de hoxe unha reunión de traballo con Mateo Rubial, Xefe Provincial de Portos de Galicia co fin de abordar a mellora do entorno do Porto de Panxón.

Á espera de elaborar por parte do Concello de Nigrán un Plan de Ordeación Integral do Entorno do Porto de Panxón, chegouse, por unha banda ao acordo de renovar o Convenio de Colaboración entre Portos de Galicia e o Concello de Nigrán para o auxilio e colaboración na vixiancia das instalacións do Porto de Panxón no seu conxunto e a ordeación do tráfico no vial de acceso que remataba en este verán do 2007.

Por outra banda acordouse levar a cabo accións encamiñadas á regulación do tráfico no entorno do porto. Entre estas accións contémplase a limitación do acceso de vehículos á rampa de embarcacións e á zona terminal do porto a mariñeiros e usuarios/as das instalacións portuarias co fin de mellorar o desenvolvemento das actividades marítimas.

Asimesmo o Concello de Nigrán e Portos de Galicia acordaron dar continuidade ao Paseo recentemente renovado de Panxón ao longo do espacio portuario mediante a instalación dunha pasarela de madeira en voladizo dende o cruce do Paseo Marítimo e a rampa de embarcacións. 

O proxecto de porto deportivo.

O responsable provincial de Portos de Galicia confirmou o seu descoñecemento absoluto sobre o proxecto de Porto Deportivo presentado polo Goberno do Partido Popular na anterior lexislatura, informando ao alcalde de Nigrán que

as únicas novas sobre este proxecto as coñecemos da información publicada na prensa. Non hai proxecto presentado en Portos de Galicia nin mantivemos reuniron en ningún momento cos anteriores responsables municipais.

Mateo Rubial sorprendeuse ao ver na Alcaldía de Nigrán un proxecto totalmente descoñecido para Portos de Galicia e que considerou de gran impacto ambiental e que, sobre unha primeira visión do proxecto, tendría gravísimas reprecusións sobre as praias da Madorra, Area Fofa e Panxón.

Na próxima semana o Alcalde Nigrán Efrén Juanes reunirase co Presidente de Portos de Galicia, Jacinto Parga Fernández, co fin de avanzar na abordaxe definitiva da mellora integral do entorno do Porto de Panxón.