Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Os concelleiros do novo goberno de Nigrán báixanse os seus soldos un 22%

Os concelleiros do novo goberno de Nigrán báixanse os seus soldos un 22%

Correo-e Imprimir PDF

O alcalde socialista prometera "austeridade e humildade no goberno" predicando co exemplo, no pleno extraordinario de fixéronse público os soldos e os postos da nova corporación municipal. Criticaron os soldos «de ministros» dos anteriores membros do equipo de goberno e agora predicaron co exemplo. A coalición PSOE-BNG en Nigrán aprobou onte as retribucións dos edís con dedicacións que son un 22 por cento máis baixas que as que percibían os seus antecesores.

Ver video TVG

As arcas municipais desembolsarán 114.000 euros brutos anuais para pagar o traballo dos representantes municipais, unha cifra que contrasta cos 145.201 do anterior mandato. O goberno volverá contar con dúas dedicacións exclusivas e outras dous parciais. David Giráldez traballará a pleno rendemento cun salario bruto de 42.000 euros ao ano pola súa dedicación de tenente alcalde e responsable das áreas de Servizos Urbanos e Vías e Obras.