Luns, 27 Sep. 2021

Actualizado04:28:43 PM GMT

Estás en Gondomar O IEM denuncia a agresión aos petróglifos de Santa Lucía en Vincios con 4000 anos de antigüidade

O IEM denuncia a agresión aos petróglifos de Santa Lucía en Vincios con 4000 anos de antigüidade

Correo-e Imprimir PDF

santa lucia solinho

A estación de arte rupestre coñecida como Santa Lucía en Vincios, Gondomar, atópase gravemente afectada por unha serie de intervencións nos terreos do perímetro de protección do xacemento así como  o depósito de grandes bloques de granito enriba de varias das laxes gravadas. O estado da estación non permite visualizar se os petróglifos aínda existen, se foron deturpados ou atópanse agochados debaixo dos bloques. Ante esta agresión o Instituto de Estudos Miñoranos presentou este venres denuncia administrativa ante o Concello de Gondomar e a Xunta de Galicia, e presentou un escrito e probas documentais ante a Garda Civil para que o traslade ao ámbito xudicial.

 

IIPablo Casal-IEM xunto pet

O Instituto de Estudos Miñoranos desenvolveu  neste ano varias visitas didácticas con escolares da bisbarra á Serra do Galiñeiro. Nelas, unha das primeiras paradas ten lugar na estación de arte rupestre coñecida como Santa Lucía, en Vincios (Gondomar) duns catro mil anos de antigüidade. Xacemento con varias laxes gravadas con petróglifos catalogados por Patrimonio e recollidos en diversas publicacións.

O pasado mes de abril, expertos do IEM desenvolveron unha visita con escolares, pais e nais na que explicouse o petróglifo de Santa Lucía e amosouse. Este sábado 11 de outubro desenvolveuse outra visita didáctica ao lugar mais o petróglifo xa non puido ser atopado.

estacion bloques depositada

A lei de patrimonio de Galicia indica as áreas de cautela dos bens culturais, entre os que se atopan os petróglifos, e non permite accións que os pidan danar no seu redor.  Os petróglifos de Santa Lucía son un ben cultural coñecido, catalogado e publicado, e que xa sufriron outras agresións, denunciadas no seu momento, entre as que se salienta a desaparición dunha das laxes gravadas do grupo de esta estación, pola construción dunha instalación particular de garda e cría de cabalos (picadeiro). Agora, poderíase estar ante a desaparición ou destrución doutra rocha gravada.

terra remexida

Polo cal e antes as autoridades antes mencionadas, o IEM solicita se investiguen os feitos e se comprobe si se destruíu recentemente unha das laxes dos petróglifos de Santa Lucía. Así como esixir se cumpra coa lei de protección  do Patrimonio de Galicia no senso de respectar as áreas de protección dos petróglifos, e non se almacenen nin se movan terras e pedras que poidan danar os ben culturais.