Luns, 14 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Especiais Eleccións 21-O

Eleccións 21-O

O BNG celebrará esta tarde un encontro coa mocidade do Val Miñor en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

marta dacosta_bngOs candidatos do Bloque Marta Dacosta (Gondomar) e Xavier Rodríguez (Nigrán) dialogarán este xoves pola tarde coa mocidade miñorana nun encontro aberto a celebrar en Gondomar. O mesmo terá lugar no Centro Neural de Gondomar (ao lado do campo de fútbol d'As Cercas), a partir das 19:30 horas.

O BNG chama "botar ao PP da Xunta e mudar as políticas de recorte", no mitin en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

acto-bng-gondomarO Bloque Nacionalista Galego pediu o voto dos cidadáns miñoranos para "botar ao PP da Xunta e mudar as políticas de recorte", no mitin celebrado onte na Casa da Cultura de Gondomar. O cabeza de lista do BNG por Pontevedra, Carlos Aymerich, defendeu que só hai un camiño: "depositando a confianza no Bloque Nacionalista Galego o vindeiro 21 de outubro". Na súa intervención asegurou que o BNG "nunca favorecerá os recortes, como fan outras forzas políticas en Andalucía ou Estremadura",en directa alusión ao PSOE e Esquerda Unida.

O miñorán Xosé Antonio Araúxo encabeza a xira electoral de AGE no Val Miñor e o Baixo Miño.

Correo-e Imprimir PDF

arauxo-cuevasO gondomareño, Xosé Antonio Araúxo, coordinador nacional de ANOVA inicia esta tarde unha intensa xira polo Val Miñor e o Baixo Miño para presentar as propostas electorais de Alternativa Galega de Esquerda (AGE). O ex alcalde nacionalista de Gondomar, percorrerá distintos puntos da xeografía do sur de Pontevedra, acompañado principalmente de candidatos locais que integran a coalición de esquerdas que lideran Xosé Manuel Beiras (ANOVA-Irmandade Nacionalista) , Yolanda Díaz (EU) así como os partidos EQUO Galicia e Espazo Ecosocialista Galego

Alternativa Galega de Esquerda estrea a campaña no Val Miñor cun acto na praza de Abastos de Baiona

Correo-e Imprimir PDF

age-val-minorA coalición electoral formada pola agrupación nacionalista ANOVA e Esquerda Unida, estrea a campaña electoral na bisbarra cun acto este vindeiro mércores 10 de outubro na Praza de Abastos de Baiona. O acto político dará comezo ás 20:30 horas no "Multiusos Angel Bedriñana" no citado edificio. Durante o mitin presentaranse as propostas de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), por parte dos candidatos pola provincia, Xosé Antonio Araúxo (ANOVA- Gondomar), José Cuevas (EU- Nigrán), e pechará o acto o historiador e arqueólogo nacionalista Xosé Lois Vilar.

21-O: O BNG prepara o seu mitin central en Gondomar e unha charla sobre a situación do ensino.

Correo-e Imprimir PDF

IMG 0525-Carlos Aymerich e mais Guillerme Vázquez presidirán o mitin do BNG deste mércores en Gondomar.

-Os candidatos nacionalistas por Pontevedra estarán na Casa da Cultura de Gondomar, presentando o programa do Bloque para as autonómicas do 21-O, este mércores 10 de outubro ás 20 horas.

- O martes 9 de outubro o BNG realizará unha charla-coloquio dirixido ás ANPAs do Val Miñor, no Centro Neural de Gondomar.

O Partido Popular inicia a campaña no Val Miñor con dúas visitas de Louzán e Hernández a Sabarís e Panxón.

Correo-e Imprimir PDF

fotonoticia 20120812143921_500-Jesús Vázquez Almuíña, Agustín Hernández e mais Rafael Louzán visitarán o Mercado de Sabarís este luns ás 12 horas.

-Ás 13:30 horas, Alberto Valverde, acompañará a Hernández e Louzán nun percorrido polo porto de Panxón.

Arrinca a campaña electoral do BNG en Gondomar con tres mitins na fin de semana.

Correo-e Imprimir PDF

IMG 0503Con tres mitins en distintos puntos do concello de Gondomar, o Bloque Nacionalista Galego comeza a súa campaña cara ás autonómicas do 21-O.

- A escritora Marta Dacosta, candidata número 6 por Pontevedra presentará as propostas do Bloque o día sábado 6 de outubro en Mañufe e o domingo na parroquia de Couso.

Galicia decide o seu futuro: comezou a campaña do 21-O no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

IMG 0517Ás 0 horas deste venres 5 de outubro deu comezo oficialmente a campaña cara ás eleccións do 21 de outubro en Galicia. Unha contenda electoral que chega con case 260 mil parados na autonomía e 4.592 na bisbarra do Val Miñor. A partir de hoxe centos de mitins se desenvolverán por parte dos partidos políticos co xeito de convencer á cidadanía dos proxectos que pensan desenvolver co seu voto nos vindeiros catro anos. No Val Miñor, a campaña do 21-0 comezou coa tradicional pegada de carteis e colocación de pancartas nas rúas.

José Palacín: "O CDL non é un partido minoritario porque as súas propostas están asumidas pola maioría"

Correo-e Imprimir PDF

jose-palacinEste sábado pola tarde tivo lugar a presentación das propostas electorais do Centro Democrático Liberal (DCL) cara ás eleccións autonómicas do vindeiro 21 de outubro. O acto tivo lugar no Centro Neural de Gondomar coa presenza de máis dun centenar de seguidores. Natalia Salgueiro (Gondomar), Xermán Cordero (A Guardia), Emily Vicente (Tomiño), Darío Dos Santos (Gondomar) e máis María José García (Vigo), presentaron as diversas iniciativas centristas nos eidos municipal, social, rural, e político, cara a obter o respaldo da cidadanía nas urnas. José Palacín, presidente federal do CDL e candidato á presidencia da Xunta, pechou a xuntanza cun aberto chamado á participación dos cidadáns nos comicios.

Araúxo (ANOVA) e Villar (EU), presentan a Alternativa Galega de Esquerda no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

J.Cuevas, X.A.Araúxo, N.Andión e J.Villar, integrantes da lista da AGE por Pontevedra.-A coalición formada por ANOVA e Esquerda Unida e liderada por Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz, presentou as súas propostas para Galicia e o Val Miñor.

A recuperación da Foz, o freo da especulación urbanística, a mellora do transporte público, peaxe gratuíto na autoestrada da bisbarra, a dinamización do Polígono d'A Pasaxe e o novo Hospital de Valadares como referencia para o Val Miñor, son as principais propostas presentadas por Alternativa Galega de Esquerda (AGE), este venres nunha rolda de prensa celebrada en Gondomar. Xosé Antonio Araúxo polos nacionalistas de ANOVA e Josué Villar en representación de Esquerda Unida, foron os encargados de transmitir aos medios as propostas e características desta coalición formada cara ás eleccións autonómicas do vindeiro 21 de outubro.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL