Sábado, 5 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Especiais Eleccións 24 M

Eleccións 24 M

Sábado: Acto de Nigrán Decide – SON en Camos.

Correo-e Imprimir PDF

Este sábado 9 de maio, as 19:30 horas, esta candidatura, formada por persoas independentes e outras integrantes de ANOVA, ESQUERDA UNIDA e PODEMOS, realizará un acto público no Centro Cultural de Camos, orientado ás parroquias do interior de Nigrán e as súas problemáticas.

Neste acto, que será presentado por persoas veciñas de Camos, intervirá o Candidato á alcaldía de NIGRÁN DECIDE –SON, José Cuevas Raposo.

O candidato socialista Juan González preside actos en Chandebrito e Parada.

Correo-e Imprimir PDF

O candidato socialista á alcaldía de Nigrán, Juan González desenvolverá actos de presentación da candidatura en Chandebrito e Parada. Este venres 8 de maio ás 20:30 horas no Bar de Lito en Chandebrito falará cos veciños e escoitará as peticións da parroquia. O domingo á mesma hora visitará o Centro Cultural e Asociación de Veciños de Parada.

ANOVA, EU e independentes únense nas municipas na procura dun cambio para Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

nigran decide"Consideramos necesario un cambio de rumbo no concello de Nigrán: fundamentalmente, que se goberne para todas as persoas que viven no municipio e non só coa mentalidade posta nunha minoría afecta ao Partido Popular, ou en intereses propios ou de partido", reclaman dende esta candidatura que baixo o nome Nigrán Decide-SON congrega a persoas integrantes de formacións como Podemos Nigrán, Esquerda Unida e ANOVA xunto con cidadáns independentes.

Nese senso, procuran acadar os apoios necesarios da veciñanza para darlle unha nova forma de gobernabilidade ao concello onde "a corrupción e a especulación urbanística son algúns dos sinais de identidade ", denuncian.

O Manifesto Miñor presentará as súas propostas en Couso, Peitieiros e Morgadáns durante a fin de semana.

Correo-e Imprimir PDF

candidatura-manifestoCo título "conversas cos veciñ@s" membros da candidatura do Manifesto Miñor desenvolverán actos informativos dende este venres en diversas parroquias de Gondomar. Este venres día 8, ás 20,30hs, na parroquia de Couso. Intervirán: Mª Luisa Varela Nogueiras, actual concelleira nacionalista e candidata. Xosé Antón Araúxo: candidato da parroquia, e Antonio Araújo Quintas actual concelleiro e candidato á acaldía.

Presentación pública en Panxón da candidatura do BNG – Asembleas Abertas de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

candidaturanigranEste xoves terá luar en Panxón a presentación da candidatura do B NG-Asembleas Abertas que postula ao actual concelleiro Xavier Rodríguez á alcaldía de Nigrán. O acto contará coa participación da deputada do Bloque, Montse Prado, a ex alcaldabel Cristina Fernández e Adrian Rey. Será ás 20:30 horas na Asociaión de Veciños de Monteferro, situada na Praza Mestra Manuela, número 4 en A Porterira.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL