Sábado, 5 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Especiais Eleccións 24 M

Eleccións 24 M

O candidato do PSOE, Juan González presenta as súas propostas polas parroquias de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

psoe-2015O fará en encontros veciñais coa seguinte axenda:

Xoves 14 de maio, dende as 21,00 encontro en Camos no Centro Cultural "A Camoesa"

Iolanda Díaz acompañará a presentación pública da candidatura de EU-SON en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

Iolanda Díaz, coordinadora nacional de EU e membro do parlemento galego presentará este xoves 14 de maio a candidatura baionesa que encabeza Silvano Montes. O acto terá lugar ás 12 horas no local de Praza Santa Liberata, 6 baixo en Baiona.

#Gondomar - O concelleiro Manolo Gómez presidirá o acto de campaña de IXG na parroquia de Chaín.

Correo-e Imprimir PDF

candidatura-ixg2015Tras os actos celebrados en Peitieiros, Vincios e Vilaza, Iniciativa por Gondomar (IXG) desenvolverá un novo acto de campaña o vindeiro xoves 14 ás 20:30 horas no Centro Cultural de Chaín. O concelleiro Manolo Gómez, candidato á alcaldía de Gondomar por esta agrupación, xunto con integrantes da candidatura desa parroquia, ofrecerán unha charla aos veciños, co obxecto de dar a coñecer o programa co cal concorren ás vindeiras eleccións do 24 de maio

Cun chamado á unidade, a participación e a pluralidade presentouse a candidatura de Gondomar Concello Aberto.

Correo-e Imprimir PDF

trator-colorgacO venres 8 de maio tivo lugar na sede de Gondomar Concello Aberto (CABE) a presentación da súa candidatura. Ao acto asistiron decenas de vecinos e veciñas que escoitaron aos 28 integrantes da candidatura por Gondomar e a a entidade menor de Morgadáns. Os candidatos e candidatos falaron da súa vida persoal e política, e sobre o motivo que os levou a participar na candidatura veciñal de Gondomar Concello Aberto.

Taller de arte na sede de Gondomar Concello Aberto

Correo-e Imprimir PDF

Este sábado, día 9 de naio, Gondomar Concello Aberto (CABE), organiza un taller artístico na súa sede (Rúa Elduayen Nº17), as 16:00 horas. O acto é aberto á cidadanía e nel faránse unha serie de actividades de traballo ca pintura: Pancartas feitas a man onde cada un pode por o seu sentir, camisetas con patróns para poder facer a mensaxe que se queira, un mural sobre cristal en vivo, actividades para nenos... co propósito de ter unha xornada de produción artística e de confluencia de ideas.
O taller servirá para aproveitar os recursos propios e xerar material comunicativo que sexa distinto os métodos tradicionais de difusión. CABE porá todos os materiais, e calquera que desexe preparar a súa camiseta só ten que traela da casa.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL