Domingo, 17 Nov. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Especiais Eleccións 24 M Taller de arte na sede de Gondomar Concello Aberto

Taller de arte na sede de Gondomar Concello Aberto

Correo-e Imprimir PDF

Este sábado, día 9 de naio, Gondomar Concello Aberto (CABE), organiza un taller artístico na súa sede (Rúa Elduayen Nº17), as 16:00 horas. O acto é aberto á cidadanía e nel faránse unha serie de actividades de traballo ca pintura: Pancartas feitas a man onde cada un pode por o seu sentir, camisetas con patróns para poder facer a mensaxe que se queira, un mural sobre cristal en vivo, actividades para nenos... co propósito de ter unha xornada de produción artística e de confluencia de ideas.
O taller servirá para aproveitar os recursos propios e xerar material comunicativo que sexa distinto os métodos tradicionais de difusión. CABE porá todos os materiais, e calquera que desexe preparar a súa camiseta só ten que traela da casa.