Mércores, 16 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Especiais Eleccións 24 M

Eleccións 24 M

#Gondomar : As “Conversas coa veciñanza” do Manifesto Miñor percorren Vilaza e Chaín

Correo-e Imprimir PDF

candidatura-manifestoEste martes 19 de maio, ás 20.30 no Centro Cultural de Vilaza terán lugar as "Conversas coa Veciñanza"que desenvolve o Manifesto Miñor nas parroquias de Gondomar. Antonio Arauxo, candidato a alcalde, "responderá a tódalas preguntas das persoas presentes". Mañá, mércores 20 de maio, ás 20.30 será no Centro Cultural de Chain
Estas conversas xa se viñeron realizando en Couso, Borreiros, Vincios, Peitieiros, Morgadáns, Vilas, Prado, San Cibrán, Donas e Couso, "e están acadando unha ampla participación", sinalan dende a formación.

Acto Central da campaña do BNG - Asembleas Abertas de #Nigrán no colexio Humberto Juanes

Correo-e Imprimir PDF

candidaturanigranEste mércores, ás 20'30 horas, terá lugar o acto central da campaña do BNG - Asembleas Abertas ao concello de Nigrán. Realizarase no colexio público Humberto Juanes, en Vilameán, e segundo a formación nacionalistas " será unha charla na que se exporán as principais liñas programáticas que presentamos para Nigrán, ao mesmo tempo que estará aberta a calquera pregunta ou cuestión que se nos queira formular".

Lidia Senra ofrece o seu apoio para canalizar iniciativas gondomareñas no parlamento europeo.

Correo-e Imprimir PDF

lidia gcaA deputada no parlamento Europeo por Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Lidia Senra, visitou a vila de Gondomar para amosar o seu apoio a candidatura de Gondomar Concello Aberto.

EU reclama a devolución das institucions á veciñanza de #Baiona no seu acto de presentación de candidatura.

Correo-e Imprimir PDF

iolanda silvanoYolanda Díaz, coordinadora nacional de Esquerda Unida participou da presentación dos candidatos desta formación en Baiona cara ás municipais do vindeiro 24 de maio. No acto desenvolvido no local de campaña na praza de Santa Liberata, Díaz salientou a necesidade de devolver as institucións aos veciños a través de meanismo de participación. No mesmo senso pronunciouse Silvano Montes, candidato á alcaldía de Baiona de EU.

A eurodeputada Lidia Senra presidirá o acto de NIGRÁN DECIDE-SON do vindeiro sábado na Ramallosa.

Correo-e Imprimir PDF

lidiaLidia Senra, deputada de AGE en Europa, estará o sábado 16, ás 12:30 horas na AVV "A Unión", da Ramallosa, no lugar de Mallón, apoiando a candidatura de NIGRÁN DECIDE (SON). Neste acto, que será presentado por Xosé G. Crego, intervirá tamén José Cuevas, candidato á alcaldía.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL