Luns, 5 Maio. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Especiais Nigrán

Nigrán

Polémica pola antena de Priegue

Correo-e Imprimir PDF

A oposición vaise do pleno de Nigrán en solidariedade cos afectados pola antena de Priegue.O goberno de Nigrán ficou só no pleno de onte despois de que a oposición decidise abandonar a sala en solidariedade cos afectados pola instalación dunha antena de telefonia móvil en Priegue.

A sesión ordinária transcorreu con normalidade até que, ao chegar o turno de rogos e preguntas, o portavoz socialista, Manuel Rial, pediu ao alcalde que deixase intervir a un portavoz veciñal. A proposta desatou a polémica no salón de plenos.

Urbanización do entorno da igrexa de Panxón

Correo-e Imprimir PDF
Arco VisigóticoA urbanizazón do entorno da Igrexa de Panxón é a segunda obra de importáncia que financiará a Xunta en Nigrán. Esta actuación teñen un custe de 1.202.024 euros e consiste na posta en valor do arco de Panxón, a criación dunha nova escalinata de acceso ao templo vetivo e a construcción dunha praza arbolada entre a cale Juan Espiñosa e o monumento visigótico.

Veciños de Priegue movilizaranse en contra dunha antena de telefonía móvil

Correo-e Imprimir PDF
Os veciños de Priegue que se opoñen á instalación dunha antena de telefonia móvil na zona de Condomínguez anunciaron unha mobilidade para mañá ás nove da mañá no lugar onde se están a desenvolver as obras. Os afectados por esta instalación apresentaron un total de 87 asinas no Concello solicitando o seu retirado.

Golf, ioga e vela , novidades da escola desportiva de Nigrán para este curso

Correo-e Imprimir PDF
As escolas desportivas municipais de Nigrán abriron a matrícula para o presente curso. Por unha parte manteñense as actividades de anos anteriores, de tal forma que os menores de 15 anos poden acceder a clases de deportes náuticos, futbol, patinaxe artístico, taekwondo e ténis. Os maiores desta idade poden acceder a cursos de aeróbic, deportes náuticos, ioga, ximnásia para a terceira idade e ximnásia de mantemento.

Nigrán descarta os cortes de auga ao manterse o nível de Zamáns

Correo-e Imprimir PDF

A escasez de auga semella resolverse en Nigrán. Alomenos , o concello retirou a alerta que mantiña con cortes de auga previstos para esta semán. A grande disminución do consumo domestico en setembro e o mantemento do encoro de Zamáns permiten ao concello suspender as interrupcións do suministro proxectadas nos lares.

O concellal de Servizos e Infraestruturas, Antonio Fernández Comesaña, mostrouse onte optimista en relación a este asunto. O encoro de Zamáns continua ao 40% da sua capacidade "e iso significa que se mantivo dende agosto co mesmo nível", explica.

O Concello de Nigrán celebrará o «Encuentro cos nosos mayores» no coléxio d

Correo-e Imprimir PDF

Concellalía de Asuntos Sociais do Ayunatmento de Nigrán organiza unha comida espectáculo con motivo do «Encuentro cos nosos mayores» que se celebrará o próximo dia 25.

A xornada se desenvolverá no Colexio de Panxón, ao lado do Templo Vetivo do Mar, a partir da unha da tarde. A xuntanza estará amenizada polo humorista Paco Mivida e a orquestra Aramio da TVG.

O concello proxecta urbanizar a totalidade das ruas próximas

Correo-e Imprimir PDF

A licitación do futuro aparcamento obedece a un estudo elaborado por técnicos municipais na zona, afirman Rodríguez e Fernández. Fruto deste informe, o goberno local proxecta pór en marcha o próximo ano obras de urbanizazón na totalidade das ruas que rodean o entorno comercial de A Ramallosa. "Se asfaltará e dotará de aceiras e ornamentación ás ruas Damas Apostólicas, Romana Alta e o Camiño dá Cabreira", sinalan os responsábeis municipais, que seguran ter mantido xuntanzas cos viciños da zona para chegar a acordos na cesión de terrenos.

Nigrán licitará un aparcamento subterráneo este ano en A Ramallosa

Correo-e Imprimir PDF

A Ramallosa disporá dun segundo "parking" subterráneo en menos de dous anos, segundo os cálculos do goberno local de Nigrán. O alcalde, Alfredo Rodrí­guez, e o concellal de Servizos e Infraestruturas, Antonio Fernández, informaron onte sobre a próxima licitación do aparcamento, que disporá de alomenos trescentas prazas distribuídas en duas ou tres plantas e subporá un investimento en torno a 1,5 millóns de euros.

O PSOE de Nigrán critica o abandono de A Ramallosa por parte do goberno

Correo-e Imprimir PDF

O grupo municipal socialista de Nigrán critica o abandono do barrio da Ramallosa por parte do goberno municipal.

O portavoz, Juan Antonio González, afirma que a ponte románica leva máis dun ano sen limpar e a iluminación nocturna está destragada dende fai seis meses.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL