Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PSOE de Nigrán critica o abandono de A Ramallosa por parte do goberno

O PSOE de Nigrán critica o abandono de A Ramallosa por parte do goberno

Correo-e Imprimir PDF

O grupo municipal socialista de Nigrán critica o abandono do barrio da Ramallosa por parte do goberno municipal.

O portavoz, Juan Antonio González, afirma que a ponte románica leva máis dun ano sen limpar e a iluminación nocturna está destragada dende fai seis meses.

Por outra parte, denuncian que o parque infantil non está en condicións de uso, co perigo de que se produza algun acidente calquera dia. O paseo está cheo de desperdícios e a iluminación nocturna non comeza até as dez e meia da noite.

Ademais os traballos de asfaltado e acondicionamento das ruas Damas Apostólicas e Manuel Misa continuan paralizados, pese a ser aprobados polo anterior goberno socialista e subvencionados pola Xunta.

Tráfico

Sendo A Ramallosa un importante nó de comunicacións, lamentan que non haxa nen un só guarda municipal regulando o tráfico rodado. Respecto á limpeza do entorno, afirman que é deficiente debido á falta de persoal, situación que é espécialmente preocupante na «fonte dá Ramallosa» e nos accesos á ponte románico.

«En fin, unha cantidade inagotabel de necesidades que vos veciños seguen reclamando sen ser escoitados polo goberno dó PP que, iso si, obsequia a esta paróquia como mellor e único investimento coa instalación de maceteiros de dubidoso gusto na rotonda da Ramallosa», criticou o edil socialista, que pide unha maior atención do goberno a este bairro.