Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán licitará un aparcamento subterráneo este ano en A Ramallosa

Nigrán licitará un aparcamento subterráneo este ano en A Ramallosa

Correo-e Imprimir PDF

A Ramallosa disporá dun segundo "parking" subterráneo en menos de dous anos, segundo os cálculos do goberno local de Nigrán. O alcalde, Alfredo Rodrí­guez, e o concellal de Servizos e Infraestruturas, Antonio Fernández, informaron onte sobre a próxima licitación do aparcamento, que disporá de alomenos trescentas prazas distribuídas en duas ou tres plantas e subporá un investimento en torno a 1,5 millóns de euros.

O obxectivo desta construcción é, segundo explican Rodríguez e Fernández, aportar unha solución aos grandes atascos de veículos que se producen na zona, espécialmente durante o verán, e responder á demanda de comerciantes e viciños. Asi, o estacionamento se situará baixo a parcela existinte entre a piscina municipal e a estrada PO-552, un lugar idóneo para o acceso aos estabelecementos comerciais.

Os técnicos municipais ultiman as bases do concurso para convocarlo no último trimestre do ano. "Queremos adjudicarlo antes de que acabe o ano para que entre en funcionamento a finais de 2005 ou princípios de 2006, xa que o prazo de ejecución será dun ano", explicaron os responsábeis municipais.

A empresa concesionaria deste servizo terá que acondicionar a superfície da parcela como zona verde. "Ademais dunha oferta aceitabel de estacionamentos gañaremos un área de recreo importante para o entorno", sinalan.

As prazas do futuro "parking" somarán-se ás que oferece o Centro Comercial A Ramallosa, que reúne 190. deste modo, o rexedor nigranense e o edil de Servizos e Infra-estruturas consideran que "poderian evitar-se os frecuentes estacionamentos incorrectos que se producen na zona e que obstaculizan a circulación"