Luns, 5 Maio. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Especiais Nigrán

Nigrán

Nigrán decide hoxe a sua posíbel integración no área metropolitana

Correo-e Imprimir PDF

normal_DSCN1349.jpgAvelino Fernández, portavoz do partido independente de Nigrán (PINN), anunciou onte que o seu grupo votará a favor da integración deste Concello no �rea Metropolitana de Vigo. O edil afirmou que «creemos que suporá un benefício importante para todos os veciños do noso município, incorporando unha emenda ao anteproyecto de lei de creación de dito ente».

 

O Concello de Nigrán oferta un programa de sendeirismo para nenos e maiores

Correo-e Imprimir PDF

A concellalía de Turismo que dirixe Aurora Carbajal, oferta aos veciños e visitantes de Nigrán, un programa de sendeirismo.

O obxectivo desta iniciativa é promocionar o interior do município e o ecoturismo. Ademais, posibilitar o coñecemento do patrimonio petroglífico, cultural, artístico e turístico. As actividades desenvolveranse cada quince dias, como xa se fixo ao longo de todo o ano.

O PSOE cuestiona a viabilidade do porto deportivo de Panxón.

Correo-e Imprimir PDF

PanxónSegundo os prazos previstos pola Xunta e o Concello de Nigrán, o concurso público do proxecto e adxudicación do porto deportivo de Panxón sairá a concurso nun ano, tras coñecer os datos a análise da posíble afección a Praia América.

 

Nigrán quitará a concurso o proxecto do porto deportivo o próximo ano

Correo-e Imprimir PDF

Concello de Nigrán acaba de encargar o último dos estudios prévios á futura aprobación do proxecto do porto deportivo de Panxón.

Tratase dunha análise que permitirá avaliar a posíble afección das instalacións náutico deportivas a Praia América. Para este fin, e segundo explicou o rexedor, estes dias instalaránse ao longo do liroral, entre Monteferro e Monte Lourido, unha série de bolas para controlar o comportamento e movimento da area en función das mareas. Este estudio está dirixido, sinalou o alcalde, por un das mellores equipas de xeólogos de España, e concluirá antes de fin de ano.

O goberno municipal de Nigrán incumple a súa promesa electora e sube o imposto

Correo-e Imprimir PDF

A corporación municipal de Nigrán aprobou onte cos votos do equipo de goberno a concesión á empresa Cespa do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria por un importe de 1.278.917 euros anuais.

O primeiro tenente alcalde, Antonio Fernández Comesaña, explicou que o servizo mellorará sensíblemente co novo contrato. Entre outros xeitos, destinaránse lugares específicos para a instalación de contedores para disminuir o impacto visual. Haberá unha revisión de prezos en función do grao de aceptación do servizo por parte dos cidadáns. Tamén están previstas campañas de sensibilización achega do reciclaxe e potenciarase a limpeza nas praias durante a época estival.

Ciudad de los muchachos en Panxón

Correo-e Imprimir PDF
Panxón se ha convertido en la nueva sede de la Ciudad de los Muchachos. El antiguo orfanato del Templo Votivo del mar acoge a los 24 adolescentes y dos profesores que abandonaron la ciudad de Benposta para seguir a su fundador, el padre Jesús Silva.

A nova luz de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Nigrán comezou un plano para a renovación do sistema de alumbrado público do município.

O edil de Novas Infra-estruturas, Antonio Fernández Comesaña, manifesta que o obxectivo desta iniciativa é substituir as lámpadas obsoletas de prato antigo de alto consumo e baixo rendimento por outras modernas coas que aforrar enerxia e oferecer ao mesmo tempo un servizo de calidade.

Os viciños de Priegue exixen que se retire a antena

Correo-e Imprimir PDF
© Copyright AlejandroOs viciños de Priegue voltaron onte a concentrarse ante as portas do Concello para exixir o desmantelamento da antena de telefonia móbil que a empresa Retevisión comezou a construir sen licenza municipal na zona de Condomínguez.

Nigran e Fenosa comezan a substituir o cableado aéreo para mellorar a estética

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Nigran atinxiu un acordo con Unión Fenosa para eliminar de maneira paulatina o cableado aéreo de baixa tensión do municipio e a sua sustitución por liñas subterráneas. O obxectivo desta iniciativa é mellorar a estética dun munici­pio que este verán foi declarado de interese turí­stico polo goberno galego.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL