Martes, 29 Apr. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Portada

O Xornal do Val Miñor. Baiona, Nigrán, Gondomar

#Baiona: Detectan un centenar de condutores baixo os efectos do alcohol ou as drogas durante a Arribada.

Correo-e Imprimir PDF

coche Guardia CivilControis da Garda Civil detectan 71 condutores conducindo baixo os efectos do alcol e 23 baixo os efectos de drogas durante as festas da Arribada. Dous casos de alcoholemia foron detectados tras accidentarse os condutores.

A atención ás vítimas de violencia de xénero reunirá a cualificados profesionais do eido en #Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

violencia-genero14En Galicia existe unha media anual de 5 mil denuncias de abusos ou violencia motivada en cuestións de xénero ou sexo, segundo da conta o Instituto de Muller, dependente do Ministerio de Sanidade. Neste contexto, o programa estatal Irene ven desenvolvendo diversas actividades na procura de combater este grave problema social. Neste senso o vindeiro xoves 25 de xuño nas instalacións do Hotel Bahía en horario de 16:10h a 20:30h terá lugar unha xornada dirixida especificamente a profesionais de diferentes ámbitos (sanidade, xurídico, social e Forzas e Corpos de Seguridade do Estado) con vinculación directa na atención a adolescentes, mozos e mozas vítimas de violencia sexual e de xénero.

Gondoverán dará servizo a un centenar de cativos durante o mes de xullo.

Correo-e Imprimir PDF

Gondoveran-2015O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e as concelleiras Iria Lamas e Nuria Lameiro visitaron esta mañá o Gondoverán, o campamento de lecer e tempo libre no que participarán 100 nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, durante todo este mes de xullo. Na presentación fíxose entrega dunha camiseta a cada un dos nenos e nenas participantes. Este ano incrementáronse as prazas do devandito campamento tras unha demanda que alcanzou as 120 solicitudes segundo fontes da administración local.

Xeira do IEM: “A aldea de San Cosme”

Correo-e Imprimir PDF

fonte-san-cosmeEste mércores 29 de xullo terá lugar unha visita guiada á aldea de San Cosme de Baíña . Actividade que contará coa guía de Anxo Rodríguez Lemos, membro da Sección de Historia, Arqueoloxía e Toponimia do IEM. O punto de encontro será ás 18 hora en Chan da Lagoa. A actividade non require inscrición previa.

Unha vintena de comercios da comarca inaugurarán o domingo a feira de oportunidades “Portobelo”.

Correo-e Imprimir PDF

compra-620x350O Concello de Nigrán colabora coa asociación de Empresarios da comarca 'Ovalmi' para organizar este domingo a súa primeira feira de oportunidades, que se chama "Portobelo" e terá lugar de 11.00 a 22.00 horas no parque Torrente Ballester de A Ramallosa.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL