![A arpista Marta Quintana na Aula de Cultura Ponte de Rosas A arpista Marta Quintana na Aula de Cultura Ponte de Rosas.](/images/stories/PERSOAS/marta_quintana.jpg)
A arpista Marta Quintana, presentou hoxe unha escolma exquisita do seu delicado repertorio na Aula de Cultura Ponte de Rosas. Da súa arpa manaron pezas dende a máis pura tradición musical do país ata fermosísimas mixturas cos sons contemporáneos. Un concerto peculiar e íntimo pois Marta fixo a súa música en solitario, sen a habitual compaña do seu grupo de músicos. Durante o concerto interpretou varios temas do seu último traballo Amable, editado en decembro pasado.