Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes

Deportes

O campión baionés Cristian Cabral, irá polo título español de loita este fin de semana en Murcia.

Correo-e Imprimir PDF

Cristian Cabral na obtención do 3º posto do Campionato de España de loita 2011O gran campión galego de loita na categoría cadete, Cristian Cabral (Baiona), irá á conquista do título español o vindeiro fin de semana. Representando ao Club de Loita Sabarís, Cristian competirá pola súa categoría de 63 kg. na edición 2012 do Campionato de España de Loita a desenvolverse en Murcia durante os días 11 e 12 de febreiro.

2ª xornada da I Liga Escolar Mini BTT do Val Miñor, da tempada 2011-2012.

Correo-e Imprimir PDF

Ciclismo-BTT-escolarA I Liga Escolar Mini BTT "do Val Miñor 2011-12", que organiza conxuntamente a Concellería de Deportes do Concello de Baiona, Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia a través do seu programa deportivo escolar Xogade (duatlón) e o Club Ciclista Rías Baixas, se desenrolará o vindeiro domingo día 19 de Febreiro no antigo campo de fútbol de Santa Marta en Sabaris. Trátase da 2ª Xornada, despois da anterior que se celebrou o pasado día 11 de decembro.

Xornada de Bádminton para escolares do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

badmintonO vindeiro venres día 24 de febreiro a partir de las 16.30 h. ata as 18.30 h. no pavillón escolar de Covaterreña, a Concellería de Deportes do Concello de Baiona, en colaboración ca Federación Galega de Bádminton, Agrupación Deportiva do Val Miñor e a Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, organizan a I XORNADA ESCOLAR DE BADMINTON para todos los nen@s escolares do Val Miñor que queiran participar.

Descobre Nigrán en piragua

Correo-e Imprimir PDF

club piraguismo_val_minorO Club Piragüismo Val Miñor retoma o programa Nigrán en piragua 2012, en colaboración coa concellaría de Turismo, Cultura e Deportes do Concello de Nigrán e Kailua. Esta iniciativa desenvolverase ata o próximo 7 de outubro, co deseño diversas rutas de piragüismo que permitirán coñecer as bateas, as calas de Monteferro e Monte Lourido, a ensenada da Ramallosa, os portos de Panxón e de Baiona, os faros d'A Laxe, Monteferro e Agoeiro, as Illas Estelas ou as Illas Cíes, entre outras localizacións da zona. A próxima saída terá lugar o vindeiro sábado 4 de febreiro. Para máis información e inscricións consultar a Web www.piraguismovalmiñor.com, no teléfono 627 828 647 ou no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .

1.060 participantes na XIII edición do Cros Escolar do Val Miñor,

Correo-e Imprimir PDF

1060 rapaces inscritos nesta nova cita co cross escolar en Baiona 1.060 nenos e nenas participarán o vindeiro domingo día 29 de Xaneiro na XIII Edición de Cros Escolar do Val Miñor que se celebrará en Baiona. A proba será clasificatoria para o Cros Escolar Provincial do programa Xogade da Xunta de Galicia. Os organizadores agardan unha gran festa escolar deportiva para este domingo.

I Carrera BTT Aventura Concello de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Cartel-Carrera-BTT-AventuraO próximo 28 de xaneiro Senda Azul, en colaboración coa concellaría de Turismo, Cultura e Deportes de Nigrán, organiza a I Carreira BTT Aventura Concello de Nigrán, unha travesía de tres horas máximas de duración que ten como punto de partida e como meta a chaira de praia América, xunto ao Punto Pasión. A inscrición permanecerá aberta ata o xoves 26, e ten un custo de 18 euros.

Sabarís será a sede do XIII Cross Escolar do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

XII-cros-escolar-valminor-2No antigo campo de fútbol de Santa Marta en Sabarís, no entorno do paseo da Foz, os cativos do Val Miñor terán a posibilidade de participar do XIII Cross Escolar "Do Val Miñor 2012", a celebrarse o domingo 29 de xaneiro. A actividade se desenvolverá con distintos percorridos adaptados ás diferentes categorías. Os interesados en participar deberán comunicarse antes do luns 24 de xaneiro coa oficina da Concellería de Deportes de Baiona no teléfono 986356558 ou no seu local na Praza de Abastos de Baiona.

A Volta ciclista a España 2012 deixarase ver por Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

A volta ciclista a España 2012 pasará por NigránO norte da península será a principal protagonista das 21 etapas que conforman a nova edición á Volta a España de Ciclismo que partirá o próximo 18 de agosto dende Pamplona.

A caravana da volta ciclista deixará a súa estela por Nigrán o 28 de agosto na etapa entre Ponteareas e Sanxenxo.

Baiona organiza a primeira Gala do Deporte baionés

Correo-e Imprimir PDF

Presentacion I Gala del Deporte de BaionaO Concello de Baiona organiza a I Gala do Deporte, unha iniciativa das Concellerías de Deportes e de Actividades Marítimas, coa finalidade de recoñecer os méritos dos deportistas baioneses, das institucións públicas que apoian o deporte local e o das entidades privadas que co seu xesto solidario e económico, patrocionan e promoven as actividades deportivas da Real Vila.

O Auditorio V Centenario de Baiona será o marco no que se celebrará o vindeiro sábado 14 de xaneiro a gran gala, unha cita que dará comezo ao sete e media da tarde, con entrada libre até completar aforamento.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL