Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes

Deportes

Nigrán será a sede de dous torneos da Federación Galega de Tenis durante a Semana Santa.

Correo-e Imprimir PDF

7128tenisEsta semana Santa o mellor do tenis galego sub-16 darase cita en Nigrán, no Campionato Galego Cadete 2012 Concello de Nigrán. O campionato, organizado pola Federación Galega de Tenis, o Club URECA e o Concello de Nigrán, celebrarase entre o 31 de marzo e o 8 de abril nas instalacións deportivas de URECA.

Aberto o prazo para inscribir aos cativos nas actividades deportivas de Semana Santa en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

deporte-ninos-pDurante os próximos días 2-3-4 de abril, en horario de 10:00 a 14:00 horas, as nenas e nenos de Gondomar poderán participar no II Campus Multideporte organizado polo Concello de Gondomar. As inscricións poderán realizarse de luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 horas na OMIX (Casa da Cultura) ou de 17:00 a 20:00 horas no pavillón municipal. As prazas son limitadas.

Vitoria do estremeño Pedro Romeu no VIII XCO Trofeo Concello de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

bttpodionigranO corredor estremeño Pedro Romeu (GR-100 Sports) impúxose no "VIII XCO Trofeo Concello de Nigrán" disputado esta fin de semana no circuíto de Monteferro. A proba disputouse sobre un circuíto bastante esvaradío debido á choiva caída durante a mañá. Segundo clasificado e primeiro S23 foi o galego Jose R. Villanueva pero xa a máis de tres minutos do vencedor. Secundaríalles no podio o corredor do Rotor Víctor M. Fernández, que vítima dun desfalecemento perdeu todas as súas opcións de vitoria no último xiro. Un dos favoritos e líder durante boa parte da carreira, Pablo Rodríguez (Hirumet) víase obrigado a abandonar a falta de 2 voltas debido a unha avaría.

Nigrán será sede da clasificatoria nacional de promesas do surf e do VII Trofeo BTT de ciclismo.

Correo-e Imprimir PDF

Valverde-y-Silva-presentan-Nigrán acollerá este fin de semana dúas competicións deportivas, que congregarán a máis de 300 deportistas e 2.500 persoas da súa contorna.

O Gondomar CF presentará himno no marco das celebracións do seu centenario.

Correo-e Imprimir PDF

gondomar-cfDentro dos actos organizados polo Gondomar C.F. e o Concello de Gondomar, con motivo da proximidade do centenario do club, o vindeiro sábado, día 17 de marzo, ás 12:00 horas, na sala multiusos do Centro Neural (As Cercas), terá lugar a presentación oficial do himno do Gondomar CF.

II Campus de iniciación ao ciclismo en Baiona

Correo-e Imprimir PDF

2campus ciclismo_baiona2012Os próximos días 2,3 e 4 de Abril coincidindo co período vacacional escolar de Semana Santa, no antigo campo de futbol de Santa Marta, en Sabaris, a concellaría de Deportes do Concello de Baiona e o club ciclista rías Baixas organizan o II Campus de Iniciación á Bicicleta, que nace a través da propia escola municipal de ciclismo que ambas as entidades teñen organizada desde o pasado curso escolar 2010 - 2011.

O concello agarda que coa posta en marcha da presente iniciativa, o funcionamento da liga escolar de Dúatlon e da escola municipal, sexan capaces de enraizar a escola de Ciclismo municipal na vida deportiva dos escolares de Baiona e do Val miñor.

Attachments:
File
Download this file (inscripcionA4.jpg)Folleto de inscrición

Inscricións abertas para o II Campionato Escolar de Natación do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

natacion-infantil 1O vindeiro Domingo día 18 de Marzo a partir das 10.30 h. ata as 13.30 h. na Piscina Mancomunada do Val Miñor, a Concellaría de Deportes do Concello de Baiona, en colaboración ca Agrupación Deportiva do Val Miñor e a Dirección Xeral para o deporte da Xunta de Galicia, organizan o II Campionato Escolar de Natación do Val Miñor 2012 para todos los nen@s que queiran participar.

Posicións da liga escolar de Dúatlon do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

duatlon-val-minorO pasado domingo día 19 de Febreiro na Praia da Ladeira (Sabaris - Baiona) desenvolveuse a 2ª xornada da liga escolar do Val Miñor de Dúatlon, proba organizada a través da Concellaría de Deportes do Concello de Baiona, o Club Ciclista Rías Baixas e o Servizo de deportes da Xunta de Galicia en Vigo.

O próximo domingo comeza o IV Open Tenis Concello de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

7128tenisLogo da magnifica acollida de anos anteriores, o Club de Tenis Gondomar organiza durante os próximos domingos 19 e 26 de Febreiro e o 4 de Marzo o IV Open de Tenis, en colaboración coa Concellaría de Deportes local.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL