Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Inscricións abertas para o II Campionato Escolar de Natación do Val Miñor.

Inscricións abertas para o II Campionato Escolar de Natación do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
natacion-infantil 1

O vindeiro Domingo día 18 de Marzo a partir das 10.30 h. ata as 13.30 h. na Piscina Mancomunada do Val Miñor, a Concellaría de Deportes do Concello de Baiona, en colaboración ca Agrupación Deportiva do Val Miñor e a Dirección Xeral para o deporte da Xunta de Galicia, organizan o II Campionato Escolar de Natación do Val Miñor 2012 para todos los nen@s que queiran participar.

 

As categorías participantes son:

Prebenxamín Mixto (2004-05). Programa Deporte Escolar de Baiona. Benxamin Mixto (2003-02). Programa Xogade Xunta Galicia. Alevín Mixto (2000-01). Programa Xogade Xunta de Galicia. Infantil Mixto (1999-98). Programa Deporte Escolar de Baiona.

Inscricións:

A data límite de inscrición é para o día 14 de Marzo.

Para formalizala inscrición: a)Cubrindo o boletín de inscrición que se os achega e facéndoa chegar o pavillón municipal de Baiona vía email; Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .

b) Chamando o 986.356.558 e deixando os datos para participar.

c) Que algún responsable do centro educativo recolla tódalas peticións dos interesados e as remita (e necesario como mínimo nome completo, data de nacemento, colexio ó que pertence, teléfono de contacto e probas nas que participa).

Importante; o número de prazas para participar será limitado, sendo por rigoroso orden de inscrición

Bases da Competición:

Realizaranse quendas clasificatorias en cada unha das probas ata obter os mellores 6 tempos de todas elas, para a posteriori realizar a final en dita proba. As probas son de carácter mixto.

As saidas a cada unha das probas realizarase dende o interior do vaso (non salto).

As probas son;

25 metros Croll e 25 metros espalda para Prebenxamins. 25 metros Croll e 25 metros espalda para Benxamins. 50 metros Croll e 50 metros espalda para Alevins. 50 metros Croll e 50 metros espalda para Infantis. 25 estilos (Espalda –Braza-Mariposa – Croll). Categoría Alevin. 50 estilos ((Espalda –Braza-Mariposa – Croll). Categoría Infantil.

Os rapaces so poderán participar na súa correspondente categoría.

Os equipos estarán constituídos por un mínimo de 4 integrantes e un máximo de 6 (dous serán reservas podendo participar ao longo da competición todos eles pero en quendas de 4 en 4).