Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes 1.060 participantes na XIII edición do Cros Escolar do Val Miñor,

1.060 participantes na XIII edición do Cros Escolar do Val Miñor,

Correo-e Imprimir PDF
1060 rapaces inscritos nesta nova cita co cross escolar en Baiona

 1.060 nenos e nenas participarán o vindeiro domingo día 29 de Xaneiro na XIII Edición de Cros Escolar do Val Miñor que se celebrará en Baiona. A proba será clasificatoria para o Cros Escolar Provincial do programa Xogade da Xunta de Galicia. Os organizadores agardan unha gran festa escolar deportiva para este domingo.

 O vindeiro domingo día 29 de Xaneiro, a partir das 10:00 h. da mañá, no antigo campo de fútbol de Santa Marta, en Sabaris, celebrarase a XIII Edición do Cros Escolar do Val Miñor, sendo este ano unha proba de carácter oficial e clasificatorio para o Cros Escolar Provincial dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia.

 

A proba está organizada pola Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Agrupación escolar do Val Miñor, Sociedade Atlética Val Miñor e a Concellaría de Deportes de Baiona dentro do seu programa Deporte Escolar.


CATEGORIAS

Chupetes Masculino 92  -  Chupetes Feminino 99  
Pre Benxamín Masculinos 132 -  Pre Benjamín Feminino 109
Benjamín Masculino 131 - Benjamín Feminino 127
Alevín Masculino 105 - Alevín Feminino 113 
Infantil Masculino 62 - Infantil Feminino 59
Cadete Masculino  20 - Cadete Feminino  11

 

COLEXIOS E CLUBES PARTICIPANTES

Covaterreña; 40, Sabaris;57, Fontes;31, Belesar;51, Areal –Sabaris;15, O Agro – Baredo;4, Souto Donas;48, Chano Piñeiro; 39, Serra Vincios; 52, Apostol Santiago; 2, Anderssen; 3, Monterrey; 1, Solaina Ferrol; 1, Estudio; 154, C.Casares – Vilariño; 78, Anxo da Garda; 134, Humberto Juanes; 176, Paxón; 3, Cruz – Camos; 9, C.Atletismo Porriño; 4, Salvatiera de Miño;2, Martin Codax; 2, Sociedad Atletica Val Miñor; 67, CSCR Beade; 37, Atletismo Tuy; 13, Comesaña Sporting C; 5, Club Milladoiro; 1, Antia Cal; 1, Parroco Don Camilo; 7, Neira Vilas; 5, Carmelitas; 2, Sauces;1, Barreiro Valladares; 1, Club San Miguel O; 3, SEK Atlantico; 3, Villa Laura Vigo; 1; Enseñanza; 2, Rosalia de Castro;1, Borreiros; 4, Compañía Maria;1, Amor Dios; 1, Ramiro Sabell; 1, Carrasqueira Coruxo; 1, Terras Turonio; 1, IES Val Miñor; 1, Solcina Ferrol; 1, Comesaña Vigo;1

 

PROGRAMA XOGADE – XUNTA DE GALICIA
HORARIOCATEGORÍA  – ANO NACEMENTODISTANCIAvoltas
10.45 H.CADETE MASCULINO (97,96)3.500 METROS5 voltas gr.
11.00 H.CADETE FEMENINO(97,96)2.250 METROS3 voltas gr.
11.15 H.INFANTIL FEMENINO(99,98)1.500 METROS2 voltas gr.
11.25 H.INFANTIL MASCULINO(99,98)2.000 METROS2  v gr. + 1 pq.
11.35 H.ALEVIN MASCULINO (01-00)1.500 METROS2 voltas gr.
11.45 H.ALEVIN FEMENINO (01-00)1.500 METROS2 voltas gr.
11.55 H.BENJAMÍN MASCULINO (03-02)750 METROS1 grande
12.05 H.BENJAMÍN FEMENINO (03-02)750 METROS1 grande
PROGRAMA DEPORTE ESCOLAR – CONCELLO DE BAIONA
12.10 H.PREBENJAMIN MASCULINO (05-04)400 METROS1 pequena
12.20 HPREBENJAMIN FEMENINO (05-04)400 METROS1 pequena
12.30 H.CHUPETES MASCULINO (07-06)80 METROS1 largo
12.40 H.CHUPETES FEMENINO (07-06)80 METROS1 largo

12.50 H.                                                                                 ENTREGA DE TROFEOS

 

Dende a a Concellaría de Deportes de Baiona queren facer patente un chamamento "a todos os pais e nenos para que se animen e participen nesta nova edición do cros escolar". A organización entregará a todos os seus participantes produtos Coca-Cola, Rosquillas Cristaleiro e un agasallo conmemorativo a todos os escolares como compensación ao esforzo realizado.

Para maior información poden dirixirse ao pavillón de Deportes Municipal ou chamando ao teléfono: 986.356.558 ou no enderezo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo